O C.P.I. Padrenda-Crespos está situado na localidade de San Roque de Crespos, concello de Padrenda. Limita ó norte con Crecente, Pontedeva e Gomesende, ó sur e ó oeste con Portugal e ó leste con Quintela de Leirado. A extensión do concello é de 57 km2 e conta cunha poboación de 2.745 habitantes.
O territorio presenta un relevo moi accidentado, que cae en altitude de sur a norte. Na fronteira con Portugal alcanza os 1.227 m. de altura (Pena Rubia, na Serra do Leboreiro), e nos vales fluviais dos ríos Barxas, Deva e o mesmo Miño descende ata os 100 m.; altérnase así a paisaxe de montaña ó sur e de ribeira ó norte do concello.
O concello atópase a uns 30 Km de Celanova, a 28 Km de Ribadavia e a 32 Km de Bande. A comunicación con estes enclaves é deficitaria e escasa,a través de estradas comarcais, sendo por tanto un concello bastante illado dentro dun enclave rural.
Cómo chegar |
Dende Ribadavia |
colle-la estrada Castrelo-Ponte Barxas C-410 (28 km), pasando pola vila de Arnoia
colle-la estrada OU-801, pasando polas localidades de Francelos, Filgueira e Cortegada
|
Dende A Cañiza |
colle-la estrada en dirección á vila de Crecente e dende alí, atravesando a ponte de Frieira ata Padrenda (30 km) |
Dende Celanova |
colle-la estrada C-167 en dirección á vila de Quintela de Leirado, colindante co concello de Padrenda |
Dende Bande |
colle-la estrada Bande-Frieira OR-411 |
MAPA DA ZONA: