Rúa de San Roque s/n
32226 San Roque de Crespos (Padrenda) OURENSE
cpi.padrenda.crespos@edu.xunta.es
Telf-fax: 988 49 47 48

 

 

 

 

  INFORMACIÓN XERAL>>
Historia Ubicación Instalacións Documentos Plan de evacuación

 

DOCUMENTOS DE CENTRO

Proxecto Educativo de Centro

O noso proxecto educativo establece unha serie de obxectivos pedagóxicos, humanos, de relación co entorno e de xestión e participación. Os obxectivos ou finalidades educativas son desenvoltas nos diferentes proxectos curriculares das diferentes etapa educativas existentes no centro.

Para acceder ao documento completo pincha AQUI

Proxecto Curricular de Primaria

Nel establécense os obxectivos xerais desta etapa educativa, os obxectivos xerais das distintas áreas, a secuenciación dos contidos por curso, os contidos transversais, e todo o relativo ao como ensinar.

Para acceder ao documento completo pincha AQUI

Proxecto Curricular de Educación Secundaria Obrigatoria

Nel defínese que, como, cando ensinar e avaliar. Por isto contén os obxectivos, contidos, metodoloxía e criterios de avaliación e promoción.

Na súa elaboración adaptamos o Currículo Básico da administración á realidade do centro: ao contexto sociocultural, ás necesidades educativas dos alumnos e ao carácter propio do centro.

Para acceder ao documento completo pincha AQUI

Regulamento de Réxime Interno.

Este documento ten como obxectivo xeral regular a convivencia e o bo funcionamento dos diferentes estamentos da comunidade educativa, tanto de forma individual como colectivamente, dentro dun marco de tolerancia e respecto.

O regulamento de réxime interno é o conxunto de obxectivos, principios e normas polo que se regulan as relacións humanas dos membros da comunidade e o funcionamento do centro, e constitúe o instrumento idóneo para potenciar unha educación integral da liberdade, a responsabilidade, a autonomía e a participación.

Para acceder ao documento completo pincha AQUI