::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Contidos mínimos de 1º e 2º ESo
Xeografía e Historia / luns 30 de outubro do 2006
 
O departamento de CC.SS. Xeografía e Historia tera en conta as probas escritas, a actitude hacia a asignatura ( interese, participación...) e o traballo na aula recollido na libreta de clase.

CONTIDOS MÍNIMOS DE 1º ESO

  • Identificar os principais astros que forman o Sistema Solar
  • Coñece-los movementos da Terra e o que dan lugar.
  • Buscar as coordenadas dun lugar da Terra utilizando a latitude e lonxitude e utilizar as escalas dos mapas.
  • Coñecer e localizar nos mapas os continentes e os océanos.
  • Distinguir os cambios na codia terrestre: terremotos e volcáns.
  • Recoñecer os factores que favorecen o poboamento no planeta Terra.
  • Coñecer e distinguir os climas do mundo coas súas caracterÍsticas xerais.
  • Asociar os distintos tipos de vexetación cos climas correspondentes.
  • Analizar e distinguir os principais accidentes fÍsicos dos continentes de Asia, África e América. Distinguir algúns paises e capitais de cada continente.
  • Identificar os principais accidentes fÍsicos do relevo de Europa.
  • Coñecer e localizar nun mapa as comunidades autónomas de España.
  • Identificar as diferencias fÍsicas e humanas das distinas partes de España ( España húmida, España do interior, España do Mediterráneo e España insular).
  • Recoñecer as caracterÍsticas do relevo e das actividades humanas de España e de Galicia.
  • Valorar o aproveitamento e a conservación do medio galego como medida de respecto da paisaxe galega.
  • Clasificar as distintas etapas da Prehistoria.
  • Distinguir entre os avances do home do PaleolÍtico e do NeolÍtico.
  • Recoñecer rasgos e feitos das antigas civilizacións ( Mesopotamia e Exipto).
  • Elaborar eixes cronológicos para situar algúns feitos destacados.
  • Recoñecer algunhas aportacións á cultura clasica de pobos como os gregos e os romanos.
  • Distinguir os pobos orixinais, colonizadores e conquistadores da PenÍnsula Ibérica durante a Idade Antiga.
  • Valorar e coñecer os restos dos pobos da antiguidade en Galicia.
  • Coñecer as caracterÍsticas da cultura castrexa en Galicia.

CONTIDOS MÍNIMOS DE 2º ESO

  • Comprender as correntes migratorias do mundo e como é a situación actual en España e Galicia.
  • Elaborar e compreder taxas, gráficos, indices e pirámides de población.
  • Distinguir entre recursos renovables e non renovables.
  • Explicar a oferta e a demanda como funcionamento do mercado.
  • Coñecer e diferenciar exemplos concretos do funcionamento da actividade económica en Europa e en España.
  • Recoñecer as principais caracterÍsticas das sociedades europea, española e galega.
  • Coñecer a organización polÍtica-administrativa do Estado español, institucións, normas e formas de participación cidadá.
  • Coñecer as fases da formación da Unión europea.
  • Distinguir os paises membros actuais da Unión europea.
  • Saber relacionar paises do mundo cos seus respectivos continentes.
  • Coñecer a organización polÍtica, institucións e organismos propios de Galicia.
  • Coñecer os principios fundamentais das sociedades democráticas e valorar os dereitos humanos como unha conquista irrenunciable.

* Identificar as caracterÍsticas propias do Islam e a súa repercusión actual no mundo islámico.

  • Distinguir as clases sociais do feudalismo (nobreza, clero e campesiñado).
  • Recoñecer a importancia da aparición das cidades na Europa medieval ( a burguesÍa).
  • Comprende-la importancia das aportacións dos musulmáns na PenÍnsula ( agricultura, artesanÍa, comercio e cultura)
  • Recoñecer alguns monumentos dos concellos de procedencia do alumnado e valorar a súa importancia como patrimonio histórico que debemos conservar.
  • Diferenciar os pobos que pasaron por Galicia durante a Idade Media e valorar a súa pegada.
  • Elaborar unha ficha sobre un monumento histórico ( castelo, mosteiro, etc).
  • Identificar os distintos camiños de peregrinos que chegaban a Santiago.
  • Elaborar un mapa dos reinos cristiáns e musulmáns durante a Reconquista da PenÍnsula Ibérica.

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft