::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
AVISO URXENTE:
Suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario das provincias de A Coruña e Lugo, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, venres, 23 de xaneiro.
xestionweb / xoves 22 de xaneiro do 2009
 

NOTA URXENTE AOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DAS PROVINCIAS DE A CORUÑA E LUGO.

Sr/Sra. Director/a

A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de mañá a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa.

Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario das provincias de A Coruña e Lugo, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, venres,23 de xaneiro.

Co obxecto de garantir que todos os afectados poidan ser informados oportunamente da decisión adoptada e se lles preste a axuda que poidan precisar, a dirección dos centros garantira a presenza nestes do persoal que asuma tales tarefas.

Santiago de Compostela, a 22 de xaneiro de 2008 .

O Secretario Xeral


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft