::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
"CONTOS PÍCAROS" NA BIBLIOTECA MUNICIPAL.
Infantil / mércores 6 de abril do 2011
 
JPG - 28.4 KB
Queliña e un conto pícaro.

O venres día 1 de abril para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil visitamos a Biblioteca municipal para escoitar a Queliña e viaxar no seu avión máxico na procura de contos pícaros que se escapan dos libros cando os deixamos abertos e que se agochan en calquera sitio como debaixo dun zapato, nas orellas,... O primeiro conto pícaro ten como protagonista a un dinosauro moi famento que non tiña amigos porque os papaba a todos ata que coñece a un ratiño cunha maleta máxica é ... non imos descubrir como remata esta historia. Por que os coellos teñen as orellas tan longas? é o segundo conto pícaro que escoitamos e como é un segredo con esa resposta caladiños quedaremos.

Grazas Queliña e Anabel a bibliotecaria do Concello por esta xornada tan máxica, divertida e por facer voar a nosa imaxinación e levarnos o marabilloso mundo das historias contadas.


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft