::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
DESCUBRINDO O MUNDO MARIÑO.
Infantil / venres 8 de maio do 2009
 
.

O martes día 5 DE MAIO os peques do cole viaxaron ata A Coruña para visitar o AQUARIUM FINISTERRAE. Alí participamos nas actividades propostas por Iria a nosa monitora: mirando a exposición de fotos de animais, observando os tanques cos peixes, polbos, medusas, morenas,... escoitando as cousas que nos contaban,mirando como comían as focas e viaxando no Nautilus, o submarino do Capitán Nemo para ver a Gastón e Hermosa,os dous tiburóns que viven no acuario. Rematada a visita nun parque preto daá Torre de Hércules xantamos o noso bocadillo e xogamos un anaco para voltar de novo o colexio. Resultou un día divertido e diferente.

JPG - 61.4 KB
MIRANDO MOI ATENTOS

JPG - 53.7 KB
MEDUSAS DE CORES.

JPG - 37.7 KB
O SORRISO DA RAIA POLO BEN QUE NOS PORTAMOS.

JPG - 55.3 KB
OBSERVANDO OS PEIXES

JPG - 86.6 KB
ATA PRONTO PEIXIÑOS, TIBURÓNS E FOCAS!

JPG - 86.5 KB
E COMO REMATE, A TORRE DE HÉRCULES


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft