CANTIGAS DE AMOR

Son composicións nas que o amado canta á súa enamorada ( senhor).Son textos de ambiente cortesán que imitan as cancións provenzais que chegan a Galicia pola importancia das peregrinacións a Santiago que traían romeiros da Occitania, algúns deles trobadores e xograres. Desta lírica provenzal toma a galega o concepto do amor cortés. O eu poético manifesta o amor que sinte pola súa dama da que e´é o rendido servidor. Clasifícanse en Cantigas de mestría ( moita variedade de metros) e Cantigas de refrán ( refrán ó final de cada estrofa). 

Son de procedencia culta pola relación coa lírica provenzal e utilizan uns recursos característicos

     

 

Üa dona que eu quero gran ben
por mal de mí, par Deus, que non por al,
pero que sempre mi fez e faz mal
e fará, direi-vo-lo que m'avén:
mar nen terra, nen prazer nen pesar,
nen ben nen mal, non ma poden quitar

de coraçón, e que será de min?
Morto son, se cedo non morrer.
Ela nunca ben mi ha de fazer,
mais sempre mal, e pero ést'é assí,
mar nen terra, nen prazer nen pesar,
nen ben nen mal, non ma poden quitar

do coraçón. Ora mi vai peior
ca mi ven dela, por vos non mentir,
mal se a vej'e mal se a non vir,
que de coitas máis cuid'eu a maior,
     mar nen terra, nen prazer nen pesar,
     nen ben nen mal, non ma poden quitar.

PAI GÒMEZ CHARINHO