|
O trobador está ligado á corte na que vive e da que vive, logo a corte ten unha grande importancia na lírica medieval O amor cortés é o amor propio da senté que vive na corte é a arte de amar da sociedade feudal A terminoloxía do feudalismo se traslada ó amor e este convírtese nun servicio e nunha homenaxe de sumisión constante Pártese do principio de que os matrimonios entre persoas das clases elevadas non son por amor, senón por comenencia política e económica. Deste xeito, o amor fóra do matrimonio, nacido libremente , é máis espiritual que o do matrimonio. As damas do sur de Francia, de Cataluña e do norte de Italia, esposas de señores feudales, aceptaron no seu día esta homenaxe e esta manifestación de amor dos trobadores, homenaxe tolerada polos seus homes, xa que as máis das veces estas cansóns non reflectían un sentimento real, senón que eran unha homenaxe á beleza , á bondade e á nobreza da esposa do señor feudal do que dependía o traobador. Pero o que ás veces puido nacer como ficción, tamén se puido converter en amor verdadeiro, disimulado mediante as regras que imponía o trobar cortés . O home da dama denomínase “o celoso” , é poderoso, ten amigos na corte, é ruin e o amante debe apartarse del . Ó lado deste marido celeoso están os “aduladores”, que , para gañar o favor do señor, asexan á dama e ó seu namorado para lle informar ó señor de canto ocurra.
|