|
|
|
||||||
|
LÍRICA PROVENZAL
A poesía provenzal constitúe o primeiro movemento de lírica culta na Europa
occidental. Xurde no Sur de
Francia, nunha zona chamada Provenza, dise que sobre o 1100. Foi cultivada polos
trobadoresque
utilizan xa unha lingua romance, o provenzal ou langue
d´oc.. Naceu así unha poesía laica que non dependía nin da Igrexa, nin das institucións culturais ligadas ó latín. Tratábase
dunha poesía composta non para ser lida e difundida a través dun libro, senón
para ser interpretada, acompañada de instrumentos musicais, a través dos xograres. A lírica provenzal trobadoresca impuxo a súa lingua e a súa poética a toda a lírica culta da Europa cristiá e poetas non nacidos na zona da Provenza adoptaron a lingua provenzal para compoñer os seus versos. É ocaso de Cataluña e o norte de Italia. O tema central da poesía provenzal era o amor, pero tamén tiveron cabida a relixión, a política, a guerra... Para a expresión deses temas adoptaban, fundamentalmente, dúas formas de versificación:
Desde 1133, aproximadamente, está documentada a presencia de trobadores provenzais en España, que veñen facer o CAMIÑO DE SANTIAGO, e a súa influencia na nosa lírica está suficientemente probada no que respecta, sobre todo, ás CANTIGAS DE AMOR e ás CANTIGAS DE ESCARNIO galego-portuguesas.
|
||||||