curso 2007/08


Principal Arriba

 

“UN DÍA PARA UN LIBRO”

Curso 2007-2008

 

BASES DO CERTAME LITERARIO

 

Participantes

 

  1. Poderán participar todos os escolares do centro matriculados no curso 2007-2008.
  2. A participación no certame será individual.

Categorías  e  Premios

 

Establécense tres premios por categorías, sendo estas:

 

CATEGORÍA    A: Infantil     

-         tres anos 

 

-         catro anos

 

-         cinco anos 

Premio conxunto e agasallo individual.

 

CATEGORÍA    B: Primeiro ciclo de Primaria.

                            Premios: 1º-------------libro  + agasallo

                                          2º-------------libros

                                          3º-------------libro

 

CATEGORÍA    C: Segundo e terceiro ciclo de Primaria.

 

                            Premios: 1º-------------libro  + agasallo

                                          2º-------------libros

                                          3º-------------libro

CATEGORÍA    D: Secundaria   

 

                            Premios: 1º-------------libro  + agasallo

                                          2º-------------libros

                                          3º-------------libro

Temática

O tema dos traballos é libre. Así pois, invitámosvos a que deixedes voar a vosa imaxinación e que escribades. Podedes presentalos en lingua castelá ou en lingua galega. Para o alumnado de infantil o traballo consistirá nun “conto animado” con imaxes.

¡Que a inspiración e a man vos sexan propicias!

 

Dúas modalidades

 

  1. POESÍA ( máximo 50 versos/ mínimo 15 versos)
  2. RELATO, NARRACIÓN, CONTO BREVE ( máximo 4 folios por unha soa cara/ mínimo 1 folio)

Se o concursante decidise acompañar un traballo plástico sobre o tema, poderá presentalo a maiores dos máximos permitidos.

 

Presentación e prazo

 

A.    Os traballos virán asinados con pseudónimo, incluíndo nun sobre adxunto os datos persoais, así como o curso do/a autor/a. Debe sinalarse nos traballos a CATEGORÍA e MODALIDADE na que participan.

  1. Os traballos deben ser orixinais e inéditos.
  2. O prazo de presentación dos traballos rematará o día 10 de abril de 2008.
  3. Os traballos poden entregarse en DIRECCIÓN.

 

Xurado. O fallo

 

A.    O xurado estará composto por  catro membros do claustro do CPI de Seoane.

  1. O fallo farase público no centro e tamén se lle comunicará persoalmente ós/ás gañadores/as.
  2. As decisións do xurado serán inapelables.

 

Cerimonia e entrega de premios

 

A cerimonia de entrega terá lugar no marco das datas adicadas, según o calendario escolar que establece o DOG  ó “Día do libro”  o 23 de abril.

 

Traballos presentados

 

A.    Os traballos presentados pasarán a ser propiedade do colexio.

  1. O/s traballo/s gañador/es serán publicados na revista do colexio se así o deciden o/s coordinador/es da mesma.

 

 

 

 

Guión das actividades 23 de abril de 2008

 

1.      Presentación dun contacontos.

2.      Introdución ( xustificación deste día como a data adicada ó libro).

3.      Representación de “Brancaneves e os sete ananiños” por parte do alumnado de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria.

4.      Entrega de premios.

5.      Lectura e dramatización do conto “El león que fingía estar enfermo”. Alumnado de ESO.

6.      Representación de “Macbeth”. Alumnado ESO.

7.      “O noso libro preferido”.Lectura e presentación dun libro por parte do profesorado e alumnado do centro.

                      

 

               

 

                   CERTAME LITERARIO 2008

 

                                 “UN DÍA PARA UN LIBRO”

 CATEGORIA A (Educación Infantil)

Fixeron uns contos animados.

 

 Un premio para a aula

 Un premio individua

l

 

CATEGORIA B ( 1º Ciclo)

 

1º Premio LA BRUJA PELUSA (Escubidú) PAULA FUENTES VERGARA (1º de primaria)

2º Premio LA PRINCESA QUE QUERÍA SER LUNA (Rosa) AMANDA ARZA CARBALLO (2º Primaria).

3º Premio LA CONEJA CELIA (Micky Mouse) LlUIS CASTRO POTAU (2º Prmaria)

 

CATEGORIA C (2º/3º Ciclo)

 

1º Premio LAS DOS VIDAS DE UN GATO (  El rey) PABLO FERREIRO VIDE (4º Primaria)

2º Premio A PEDRA DOS DESEXOS (La luna ) ALBA ARIAS FERNANDEZ (3º Primaria)

3º Premio UN MUNDO FANTISTICO ( O Raposo) IVÁN LÓPEZ LÓPEZ  (4º Primaria)

 

CATEGORIA D  (Secundaria)

1º Premio UN DÍA ESPECIAL  (Tana) ROCÍO FERNÁNDEZ MÉNDEZ (4º ESO)

2º Premio INCREIBLE PERO CIERTO (Sara) MONTSE MÉNDÉZ PUIG (1º ESO)

3º Premio O QUE É A VIDA (Xisco) MANUEL VILA LÓPEZ (2º ESO)

 

 

 

 

 

 

 


Principal Arriba