|
|
|
|
SEMANA DO LIBRO- ABRIL 2006
Este mes de abril tivo lugar no Centro educativo un certame literario para dar a coñecer o porqué duns días adicados ó libro entre o noso alumnado. Tratouse de fomentar a súa capacidade para a expresión escrita en lingua castelá e en lingua galega coa elaboración de contos, poemas…para os que uns meses antes se lles entregaran unhas bases (ou normas de participación) como as de calquera certame que se precie. Estas foron as seguintes: BASES DO CERTAME LITERARIOParticipantes
Categorías e Premios Establécense dous premios por categorías, sendo estas:CATEGORÍA A: Infantil - tres anos (premio: un libro + agasallo) - catro anos (premio: un libro) - cinco anos (premio: un libro) CATEGORÍA B: Primeiro ciclo de Primaria. Premios: 1º-------------libro + agasallo 2º-------------libro 3º-------------libro CATEGORÍA C: Segundo e terceiro ciclo de Primaria. Premios: 1º-------------libro + agasallo 2º-------------libro 3º-------------libro
CATEGORÍA D: Secundaria Premios: 1º-------------libro + agasallo 2º-------------libro 3º-------------libro TemáticaO tema dos traballos é libre. Así pois, invitámosvos a que deixedes voar a vosa imaxinación e que escribades. Podedes presentalos en lingua castelá ou en lingua galega. O alumnado de infantil deberá presentar debuxos que teñan como tema un conto popular ou tradicional ¡ Que a inspiración e a man vos sexan propicias! Dúas modalidades
Se o concursante decidise acompañar un traballo plástico sobre o tema, poderá presentalo a mayores dos máximos permitidos. Presentación e prazo A. Os traballos virán asinados con pseudónimo, incluíndo nun sobre adxunto os datos persoais, así como o curso do/a autor/a. Debe sinalarse nos traballos a CATEGORÍA e MODALIDADE na que participan.
Xurado. O fallo A. O xurado estará composto por catro membros do claustro do C.P.I. de Seoane.
Cerimonia e entrega de premiosA cerimonia de entrega terá lugar no marco das datas adicadas, según o calendario escolar que establece o DOG ( 25/05/05), ó “Día do libro” entre o 3 e o 28 de abril. Traballos presentadosA. Os traballos presentados pasarán a ser propiedade do colexio.
Pensamos que eses días 2 de abril (adicado á literatura infantil e xuvenil) e o 23 de abril ( conmemorando as mortes de Miguel de Cervantes e William Shakespeare neste día no ano 1616) eran unha ocasión propicia para estimular a expresión escrita no centro. Non só participaron aqueles que saben escribir (Etapas: Primaria e Secundaria) porque o alumnado de Educación Infantil elaborou uns debuxos que recreaban un conto da Formiga e o coello. Os gañadores podían escoller un destes libros que previamente seleccionamos os seus profesores: LISTADO DE LIBROS: CATEGORÍA A- INFANTIL CATEGORÍA B- PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA EL VIAJE DE BABAR HISTORIA DE BABAR MI MEJOR AMIGO Y LOS MARCIANOS UN BAÚL LLENO DE PIRATAS UN BAÚL LLENO DE DINOSAURIOS AS BABUCHAS ENMEIGADAS OS TRES PRETENDENTES O PEDRO PILLABÁN A SERPE BRANCA AS RATAS NA ESCOLA O DEMO PRESUMIDO O DRAGÓN DAS CATRO CABEZAS CATEGORÍA C- SEGUNDO E TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA LOS VIAJES DE GULLIVER LOS TRES MOSQUETEROS IVANHOE LA ISLA DEL TESORO LA VUELTA ALMUNDO EN 80 DÍAS LAS AVENTURAS DE TOM SAWYER MOBY DYCK EL SECRETO DEL HOMBRE MUERTO LAS BRUJAS AS BRUXAS CHARLIE Y LA FÁBRICA DE CHOCOLATE MATILDA CATEGORÍA D- SECUNDARIA CAIRO BRANCO A ILLA DO TESOURO OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE Á LUS DO CANDIL MEMORIAS DUN NENO LABREGO VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES O CAN DOS BASKERVILLE DRÁCULA UNA LUZ EN LA MARISMA LA PIEL DE LA MEMORIA CAMPOS DE FRESAS CON LOS OJOS CERRADOS EL LAZARILLO DE TORMES LOS PAZOS DE ULLOA RELATO DE UN NÁUFRAGO CRÓNICA DE UNA MUERTE ANUNCiada DESENROLO Para propiciar o achegamento do alumnado a esta actividade, colocouse no Centro un escenario atractivo e suxerente que despertase a súa curiosidade e provocase a súa participación.
Despois de longas deliberacións por parte do xurado chegouse á decisión de que os traballos gañadores fosen: Educación Infantil: CATEGORIA A: Todolos participantes PREMIO: Libro de contos, lambetada e boligrafo Primeiro Ciclo de Primaria: Alba Arias Fernández (Cenicienta) de 1º curso
Ivan López López (Faraon) de 2º curso Pablo Ferreiro Vide (Capitán) de 2º curso Segundo/Terceiro Ciclo de Primaria O neno do Caurel por Melissa Sánchez Balo de 5º Curso Os lobos por Alexandre Valín Roca de 6º Curso O percorredor de Galicia por Montserrat Méndez Puig CATEGORIA D: SECUNDARIA 1º Premio Andalucía por Eva Pombo Teijeira de 1º curso da ESO 2º Premio Ave por Eva Mª Aira Lolo de 3º Curso da ESO 3º Premio Destino meláncolico por Jéssica Jato López de 1º curso da ESO CERIMONIA E ENTREGA DE PREMIOS Premios Segundo/Terceiro Ciclo de Primaria 1º premio O NENO DO CAUREL por Melissa Sánchez Balo 5º Curso Érase unha vez un neno chamado Xoán que vivía nun pobo do Caurel. Ese neno tiña oito anos e gustábanlle moito os animais, de feito tiña galiñas, gatos, coellos, cadelos….Pero el aínda quería máis. O seu soño era ter un xabaril. Xoán cada día ía dar un paseo co seu can. O pai de Xoán era cazador, cousa que a Xoán non lle gustaba moito. Un día Xoán foi dar un paseo co seu pai. Mentres paseaban, Xoán viu un xabaril pequeno pero non llo dixo ao seu pai porque cría que o seu pai o ía matar. Ao día seguinte Xoán volveu ao sitio onde vira o xabaril. E así foi outra vez. Volveuno ver detrás dunhas xestas. Foi onde el e…. ¡Que raro! O xabaril non escapaba. E entón o neno estirou a man para tocalo pero xusto nese intre, escoitou á súa nai dicíndolle que fose cear. O neno non se decatara de que xa era noite e tiña que ir á casa. Cando Xoán chegou á casa, a súa nai estaba moi enfadada porque Xoán nunca chegara tan, tan tarde. O sábado pola mañá Xoán levantouse moi cedo para ir onda o xabaril. Entón Xoán colleu algunha comida para o xabaril: patacas, leituga, verzas e moitas máis cousas . Entón Xoán leváballe comida ó xabaril todos os días e este acostumouse ata que se fixo moi amigo de Xoán. Un día pola tarde Xoán estaba na terraza da súa casa e...de súpeto viu que se movían as herbas e de alí saía o xabaril. Entón o neno intentouno espantar para que o seu pai non vira ao xabaril, pero era imposible porque non se ía. O neno foi correndo onda a súa nai e preguntoulle se podía quedarse con el porque lle collera moito cariño e a nai díxolle que lle preguntara ao seu pai. Entón o neno preguntoulle e, aínda que lle custou moito convencelo, o pai deixoulle. Dende entón o neno e o xabaril ían xuntos a todas as partes. Por certo, o xabaril chamábase Serafín. 2º Premio
OS LOBOS ALEXANDRE VALÍN 6º PRIMARIA
Fai algúns anos nas nosas montañas habitaban os lobos. Meu bisavó contoume unha historia daqueles tempos: “Era unha vez, fai algúns anos, que vivían os lobos xunto a outros animais. Un día un pastor foi ao monte cun rabaño de ovellas e entón atopouse cunha loba cun lobiño recén nacido. O lobo acababa de nacer e tiña fame. A súa nai, ao ver as ovellas, perseguiunas e o pastor escapou correndo, pero como a loba acababa de ter o lobiño pequeno, non tardou en cansarse e non puido correr moito. A loba caeu do cansazo ao chan. Ao final o pastor escapou pero agora estaba perdido no bosque. Fíxose de noite e seguía perdido, non sabía o qué facer, se pararse a durmir ou seguir intentando buscar unha saída. Pensou que debería esperar a mañá. Ao día seguinte viu o lume dunha fogueira. Foi onda ela e viu a un home do pobo que lle dixo a dirección do pobo, e foi na dirección que lle indicou o home. Ao chegar á casa, a súa familia preguntoulle onde estivera e el contestou que no monte e que unha loba lle comera as ovellas. O día seguinte os veciños querían cazar a loba pero o home impedíullelo e dixo que o fixera para alimentar ao seu fillo. 3º premio
O percorredor de Galicia MONTSERRAT MÉNDEZ PUIG 5º PRIMARIA Carlos era un rapaz duns 23 anos. El adicábase a facer rutas por Galicia. Un día chegou a un pobo e pediu pousada, pero ninguén lla quería dar por medo de que fose un ladrón. Así ata que chegou a unha casa na que lle deron onde durmir. Ao día seguinte cando ía cara outro pobo, atopouse cun lobo pequeno que estaba ferido. Curouno, e cando a nai do animaliño chegou e o encontrou curado alegrouse moito. Ao chegar ao outro pobo tivo que durmir no chan e tivo que poñer de almofada unha pedra. Cando estaba a durmir, a nai do lobo espertouno para darlle as gracias por salvar ao seu fillo. A loba e o seu fillo acompañárono a todas partes como se fosen as súas mascotas. Chegaron a un castelo, o Castelo do Carbedo. Alí viviron por un tempo, pero os lobos non estaban felices. Entón decidiron seguir facendo as rutas. Pero un día uns cazadores descubríronos por as pegadas dos lobos e víronos pero non a Carlos e disparáronlles e déronlle á nai do lobo, mentres Carlos collía castañas, e morreu. Carlos e mailo lobo puxéronse moi tristes e fixéronlle un enterro. Despois seguiron facendo rutas ata percorrer toda Galicia e viviron moi felices aínda coa falta da nai do lobo.
1º premio
Andalucía, sueño de un emigrante Eva Pombo Teixeira 1º da ESO 15:00 horas de la tarde con un calor abrasante. Todavía seguimos a la deriva. Tengo sed, me levanto, pero la única botella que tenía agua ya se acabara. Ahora ya nadie habla, todo estaba en silencio; cuando embarcamos en el bote había muchos nervios, risitas, planes y ganas de triunfar en un país que no era el nuestro. En el bote vamos 41 personas en total, treinta y nueve hombres y dos mujeres. Sabemos poco del país hacia el que nos dirigimos, solo unas cuantas cosas que nos dijeron aquellos hombres al que les tuvimos que entregar el dinero en el puerto. Mis padres, hermanos y yo tuvimos que trabajar muchísimo para dar conseguido el dinero del viaje. Yo vivía en un pueblo, mis padres trabajaban en una carpintería; no éramos pobres pero como éramos tantos, en total 13, que alguno se tenía que ir ya que el dinero no llegaba para tantos. Yo era la única que no tenía hijos, ni marido y además era la más joven de la familia. Cuando mis padres se enteraron de cuanto tenían que entregar para que aquellos hombres me dieran sitio en el bote. Tuvimos que trabajar muchísimo, irse de donde tu familia es muy duro pero lo peor era que padre llevaba unos días con dolor de corazón y cuando me marchara no tendría noticias de él. Empiezo a ver algo es como un trozo de tierra ,sí. Grito: ¡Tierra, tierra!, estamos llegando. Todos miran con cara de sorpresa en sus rostros se empieza a iluminar una sonrisa. Empezamos a hablar, reírnos y hasta algunos entonaron una canción típica de su tierras. Pero ahora un temor invade nuestros pensamientos que nos vea la policía. El bote se acerca cada vez a la tierra, ahora veo con claridad es un puerto muy grande comparado con los de mi tierra. Llegamos al puerto y nos vayamos. Oh, Oh - pienso- hay un problema, alguien ,alguien ha dado la voz de alarma una patrulla de policías y dos ambulancias ¿Qué hago? Piensa, piensa ,Halma. Me escapo o me quedo si me quedo me pueden repatriar y mis padres y hermanos ya trabaja ron bastante para pagarme un viaje como para tener que pagar otro. Decido escapar me meto en un callejón y miro para atrás asegurándome de que no me persigue ningún policía. Llevo andando mucho tiempo y me estoy mareando porque tengo muchísima sed. Es de noche y no tengo donde dormir, tengo miedo y estoy perdida ahora ya no hay gente en la calle. Siento una mano fría en mi espalda, me asusto y grito. Me doy la vuelta, es un chico más o menos de mi edad y también musulmán; su cara me resulta conocida, ahora me doy de cuenta, es uno de los chicos que viajaba en el bote. Se presenta, me dice que se llama Ahmed y que viene a España a buscar a su padre. Que vive aquí en Andalucía. Yo, reponiéndome del susto, le digo mi nombre y le pregunto cómo se escapó de la policía. Cuenta que me siguió a mí. Lleva un papel en la mano, me dice que es la dirección de su padre. Después de estar hablando, decido ir con él a la casa de su padre: su padre es un musulmán de 51 años que lleva aquí 10 años. El encuentro entre el padre y el hijo es muy emotivo. Pasamos varios días buscando trabajo, al final, lo encontramos en un campo de naranjos. El trabajo es duro pero me dan un sitio para dormir, comida y dinero. Ahmed y yo comenzamos una relación y estamos ahorrando para podernos casar y vivir juntos. Hace dos años que nos casamos y tenemos un hijo en común. Seguimos trabajando en el campo de naranjos y tenemos un piso alquilado. Hoy es 15 de junio y dentro de una semana me voy a ver a padre, madre y mis hermanos ¿le pasaría el dolor en el corazón a padre? Halma
2º premio Ave Eva Mª Aira Lolo 3º da ESO No sé que fallo cometió para que tu la abandonaras, ella te creía el centro del mundo en el que giraba
Fuiste muy egoísta y ahora no lo niegues, quisiste tenerlo todo y lo perdiste mayormente. En este momento te arrepientes e intentas pedir perdón pero es demasiado tarde porque el momento pasó.
Creías que volvería a ser tuya nuevamente pero ella ya voló con un futuro en mente.
Encontró un amor mejor Él no miente si la quiere busca hacerla muy feliz la apoya en todo lo que puede. Ave 3º premio Destino Melancólico Por Jessica Jato LópezDestino melancólico, desearía cambiar: El rechazo por la tolerancia, el sufrimiento por el bienestar, la tormenta por la calma. Desearía cambiar todo, hasta la sombra de un cielo azul oscuro por la maldad. Me pregunto porqué la vida es tan triste y no encuentro respuesta alguna. Quisiera que, sin egoísmo, sin guerras, sin terrorismo y sin mas muertes un mundo flamante se desarrollase. Hay parcialidad en las personas, hay parcialidad en los animales......... Cada vez, hay mas parcialidades en un mundo irregular. Pseudónimo La Librera
Agradecementos: a todos/as os que fixeron posible esta actividade. Foi unha experiencia incríble!!! |
|
|