Complementarias


Principal Arriba Magosto Nadal Antroido DÍA DO LIBRO

Magosto
Nadal
Antroido
DÍA DO LIBRO

 

O magosto, o nadal e o antroido, son datas que se utilizan para  traballar aspectos da educación de forma mais lúdica, pero hai outras actividades que se fan de forma puntual :

En primaria hai actividades complementarias

CURSO 2009/2010

 

Os alumnos/as de terceiro  da ESO, xunto co s alumnos/as de Infantil e o 1º Ciclo de Primaria fixeron un taller de cociña, no que elaboraron creps, por certo tiveron unha grande acollida no resto da comunidade educativa, ¡estaban boisimosssssss!

         

 

 

  Concurso de marcapáxinas

Enamorados co proxecto lector

     

Xeometría 3D, material de AGAPEMA

DÍa da paz, tamén axuda a Haití

     

 

Os Dereitos dos Nenos

        

 

Curso 2008/09

Charla sobre o oso pardo

 

Curso 2007/08

Participamos nos OBRADOIROS  PORTATILES DO CENTRO DE ARTESANIA E DESEÑO DE LUGO para Tapices

 

Almorzo saudable este ano tamén se fixo un almorzo saudable

                                   

 

Letras Galegas.

 

Adicamos un espacio no lugar e no tempo académico para Xosé María Álvarez Blazquez, pero este ano celebramos as letras Galegas coa presenza de dous escritores galegos  concretamente con un do Caurel  Xosé Alfonso Parada Jato e con Xesús Manuel Valcárcel, polo que se leron poemas deles e tamen se fixo unha homenaxe o escritor Xosé María  Álvarez Blazquez homenaxeado no día das Letras Galegas do que aparte de leer algo da súa obra se reseñou  a súa biografía

 

Primavera Natura  en abril, acercaronse polo Colexio para Falar cos de Primaria sobre o Lic do caurel, e sobre as especies en vía de extinción

         

 

 

O dia da arbore  tivemos unha charla sobre a importancia das árbores, para elo veu  Felipe, un axente forestal da zona, repartiu arbores para todos e plantamos un castiñeiro no patio.

   

 

8 de marzo día da muller traballadora este ano decidiuse homenaxear aquelas mulleres que foron pioneirasnos diferentes campos de estudios: pintores, cientificos.........

         

 

Xesús Alfonso Parada, tamen estivo no colexio para facerlles unha presentación os alumnos do seu libro USOS, COSTUMES É COUSAS DO CAUREL, e prometeunos que voltaría cando salise un libro de poesias que ten en proxecto.

 

o 30 de xaneiro  Dia da PAZ  cada membro da comunidade educativa escribimos nunha paloma de cartulina un pensamento, logo todos xuntos no patio fixemos unha paloma con todas para aunar sentimentos e desexos.

    

 

25 de novembro día da non violencia de xenero  alumnos e profesores manifestaron a súa opinión sobre este tema, para elo tiveron lugar distintas actividades, elaboración de carteis, lectura de manifesto por parte de profesores, e alumnos de primaria e de secundaria, todos deixaron as súas mans impresas nun cartel de apoio.

      

Xesús Manuel Marcos,  escritor nado no Caurel , veu a facernos unha visita, e asi puidemos ter un coloquio literario, sobre a súa obra e tamen fixo  unha presentación do seu libro  A LÚA DOS EVERGLADES.

  

 

Os de REDE NATURA viñeron a facer actividades cos nenos de primaria e de secundaria, para mostrarlles o interés que ten a zona, a nivel de flora, fauna, paisaxístico....................

 

   

 

O 21 de setembro o Títere Cascanueces estivo no Colexio,para contarnos un conto vello volto a contar

   

 

 

 

 

 

CURSO 2006/07        

En xuño fixemos talleres de artesanía, para o que contamos co facer de  José Antonio "Sanchez", artesano aficando no Caurel

 

.        

 

 

Tamén nos axudaron a coñecer os paxaros da zona.

 

participamos nos OBRADOIROS  PORTATILES DO CENTRO DE ARTESANIA E DESEÑO DE LUGO para cesteria

   

 

HOMENAXE A MARIA MARIÑO CAROUD,este ano as LETRAS GALEGAS estan abdicadas a nosa veciña  doña Maruja, dende o colexio tamen quixemos facerlle unha homenaxe, para elo fomos ata o cimenterio da nosa localidade para lerer algunha das súas poesias, e como non depositar unhas flores.

 

     

         

O día 30 de Xaneiro quixemos facer O DÍA DA PAZ, preparamos unha paloma, con globos e con  unha mensaxe de paz, tamen lemos unha mensaxe alusiva. Soltamos a pomba,  e estamos moi ilusionados esperando que alguén nos chame para decirnos que recibiu a mensaxe.

    

o día 10 de novembro,  fixemos xogos de peonza e xogos populares, troxerou as súas bailarotas, e tamen aproveitamos para facer outros xogos coma  gabear ás árbores.............

                 

           

O centro cultural de valladares de vigo ofertaronnos a posibilidade desta  actividade sobre o xénero das regueifas, que nesta zona están practicamente desaparecidas ainda que quedan dous ou tres persoeiros que saben do que falamos, e que posiblemente apartir de ahora polo menos pensen nelo os mais mozos.

   

CURSO 2005/06

Na primeira semana de maio os/as alumnos/as de Primaria participaron nos OBRADOIROS PORTATILES DO CENTRO DE ARTESANIA E DESEÑO DE LUGO para a fabricación do papel.         

 

SEMANA DO LIBRO- ABRIL 2006

                                                                                                                                                                      CPI DE SEOANE

Este mes de abril tivo lugar no Centro educativo un certame literario para dar a coñecer o porqué duns días adicados ó libro entre o noso alumnado. Tratouse de fomentar a súa capacidade para a expresión escrita en lingua castelá e en lingua galega coa elaboración de contos, poemas…para os que uns meses antes se lles entregaran unhas bases (ou normas de participación) como as de calquera certame que se precie.

 

 

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA: 8 DE MARZO

   

A principios do XX, as obreiras da fábrica téxtil Cotton de Nova York, reclamando mellores condicións de traballo, o descanso dominical, a redución de xornada a 10 horas, e recibir igual salario por igual traballo que os homes, ocuparon a fabrica e como resposta, os patróns incendiárona coas obreiras dentro, morrendo carbonizadas as 129 traballadoras.

En homenaxe a aquelas obreiras do téxtil, as mulleres militantes europeas fixaron o día 8 de Marzo como día internacional da muller traballadora. Desde entón o 8 de marzo se converteu nunha xornada de loita das mulleres.

Hoxe, esta loita persiste, xa que a muller sigue sendo explotada no traballo e no fogar, por esta sociedade capitalista que non outorga ningún tipo de igualdade.

No centro decidimos entre todos/as elaborar carteis, lemas, símbolos para colacar nas solapas, un libro de mensaxes, recopilar documentos relacionados con esta temática, etc.

Foron uns días de preparación e celebración mois especiais, nos que os alumnos/as dende infantil ate secundaria puxeron o seu gran de area, o igual que o profesorado.

Para mostra, algunhas das fotos que sacamos:

             

      

 

O NOSO LIBRO FORUM

PRIMEIRO TRIMESTRE  9 de decembro/2005

Actividade desenvolvida polos alumnos de 1º e 2º da ESO para montar unha charla-coloquio sobre as lecturs durante o 1º trimestre no departamento de Lingua Castelá e literatura.

Os títulos mais valorados polos alumnos son os seguintes:

LA MIRADA OSCURA de Joan M. Gisbert (Anaya).

BIBIANA Y SU MUNDO de José Luis Olaizala(SM)

Resultáronlles de lectura doada e axíl ( o primeiro cunha gran dose de intriga e misterio; o segundo cunha dose de tenrura e amizade, simbolo de superación ante a adversidade.

         

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

25 de novembro foi declarado Día Internacional Contra aViolencia Cara ás Mulleres no primeiro encontro feminista de Latinoamérica, que se celebrou en Bogotá en xullo de 1981. Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero en todos os ámbitos da sociedade, os malos tratos e os asasinatos no fogar, as violacións, o acoso sexual, e a violencia en xeral cara as mulleres, incluída a tortura e abusos sufridos por prisioneiras políticas. Escolleuse este día para non esquecer o asasinato das irmás Mirabal, tres activistas asasinadas en 1960 a mans da policía segreda do dictador Trujillo, na República Dominicana. O pasado ano a ONU deu carácter oficial a esta data.

Con motivo de dita celebración no noso centro realizamos diversas actividades relacionadas. Entre as mesmas destaca a exposicións dos traballos dos alumnos/as da ESO na área de Ed. Plástica:

                               

 

 

CURSO 2004/05

No mes de decembro

Un contacontos da asociación matapiollos

     

O dia da árbore

OS DE SECUNDARIA tiveron conferencias sobre os espacios protexidos e a Rede Natura 2000

 e os de Infantil e primaria plantaron árbores e contaronlles cousas sobre eles , coidados.....

                                 

     O TEATRO

O dia 1 de avril as escritoras Angeles Barreiros e Dolores Casares, Integrantes ambas do grupo educativo ALGAR (Mamá, quero ser artista, Facemos xoguetes con material de refugallo e Teatro para nenos),acercaron desinteresadamente os alumnos de Secundaria ó teatro, con interesantes actividades lúdico didacticas. Tamen lle cocederon unha entrevista os alumnos de Tecnicas de Expresión Escrita que será publicada na Revista Terra Brava (editada por este CPI)

               

 


Principal Arriba Magosto Nadal Antroido DÍA DO LIBRO