O Centro Info. Alumnos Educ. Infantil Educ. Primaria E.S.O. Biblioteca Actividades Novas
A pintar e debuxar...
Xogo con FORMAS
Xogo con CORES (I)
Xogo con LETRAS (I)
Xogo con NÚMEROS (I)
Xogo con FIGURAS (I)
WebQuest
Facendo tartas...
Amasando pan...
Inicio > Educación Infantil> WebQuest "O Magosto"

WebQuest "O Magosto"

- - - - - - - -
Introducción
magosto A castaña na lareira
fixo ¡pum! e reventou,
¡Ai, pobriña da castaña!.
¡Vaia golpiño levou!.
(Cantiga popular)
¡Ola! Son unha magosto
Nacín no magosto
Dentro dun magosto
no souto do Señor Damián
na pobra de San Xiao.
magosto
A miña é moi leda, pero corro grandes perigos: o xabarín quéreme papar, os vermes tentan roerme por dentro e os humáns.... tómanme como alimento nunha festa chamada magosto. Se queredes podedes aprender grandes cousas da miña familia. magosto
Tarefa
Se vos animades ides vivir unha gran aventura.
Sairedes ó souto onde recolleredes materiais, faredes grabacións e fotos...
Deseñaredes libros de recetas, contos. lendas recollidas ou de tradición oral.
Visitaredes as páxinas web que vos darei para amplia-la información.
Aprenderedes cousas que plasmaredes nun gran mural e/ou expoñeredes nunha presentación en Power Point.
Podedes facer unha escenificación teatral con personaxes do tema.
Ó remate se non tedes pena de min ata me podéis saborear no magosto do Colexio.
tarefa
tarefa
Proceso
Traballade en grupos de catro persoas. Cada un desempeñará un rol específico e diferente:
1. Botánico
2. Cociñeiro
3. Artista
Navegación:
Empezade a vosa navegación.
Tomade apuntes, gardade notas, imaxes e todo o que vos pareza máis relevante.
navegar navegar
Visita ó souto souto
Preparade todo o material a levar na saída.
Na saída ó souto recollede todo tipo de material relacionado co tema, sacade fotos e facede grabacións.
BOTÁNICO

detective
Recollede información sobre os seguintes aspectos:
A castaña
castaña Definición
Propiedades
Variedades
Composición química
O magosto e os seus elementos
O castiñeiro
castiñeiro Descripción
Hábitat
Cultivos e usos
Poda
Enfermidades e parásitos
Utilidade
Completade a ficha que vos adxuntamos para obter datos sobre o castiñeiro.
Premede na man. preme aquí
Magosto
magosto
  • O magosto
  • Elementos
  • Festa popular
RECURSOS.- Para obter información visitade as seguintes páxinas da web: páxinas web
Facede un estudio sobre o estado de saúde dos castiñeiros da zona. castiñeiro castiñeiro
Facede un estudio sobre o estado de saúde dos castiñeiros da zona.
Recollede datos completando a enquisa que vos adxuntamos. Entrevistade a técnicos do medio ambiente, concello e a donos de soutos. Contrastade as opinións.
Premede na man para acceder á ficha correspondente: preme aquí
Os incendios forestais
lume Problemas no solo, flora, fauna, atmósfera e problemática cultural-estética e paisaxista.
Técnicas para a súa prevención.
Realizade unha enquisa a técnicos e a vecinos sobre os incendios forestais. Contrastade as opinións cas informacóns que recollestéis na vosa navegación.
Premede na man para ir a dita enquisa. preme aquí
Plagas e patoloxías forestais
árbore Estudio de plagas e patoloxías forestais, especialmente en relación con contaminantes atmosféricos e incendios forestais
Planificación e xestión forestal
árbore
cesto
árbore
Tratamento enfermidades
Tratamento selvícola Reforestacións
Repoboación forestal
Plantación
Poda
Loita biolóxica
Selección, recolección e conservación de semillas de interese forestal para a restauración de montes queimados e degradados.
Enfoque medioambiental: loita contra a desertización
RECURSOS.- Para obter información visitade as seguintes páxinas da web: páxinas web
ARTISTA


-
-

Buscade información sobre:
Música Recollede na navegación as cantigas sobre o tema.
Completade con recolleita de cantigas a nivel oral.
Podedes facer grabacións.
Co material facede un cancioneiro.
Literatura
-
Recopilade lendas, adivinas, trabalinguas, refráns, contos, retahílas utilizando as páxinas web seleccionadas.
Recollede material a nivel oral. Vellos e novos serviranvos de axuda.
Con todo o material elaborade un bo libro
-
RECURSOS.- Para obter información visitade as seguintes páxinas da web: -
COCIÑEIRO
-

-

Investigade sobre:
Propiedades culinarias da castaña.
Composición química
Consumo
Recollede receitas
Confeccionade un libro de receitas.

RECURSOS.- Para obter información visitade as seguintes páxinas da web: -
- -
Conclusión
Esperamos que aprenderades moitas cousas sobre o tema. Tamén desexamos que este traballo serva para tomar conciencia da necesidade e obriga por parte de todos á contribución a melllora e defensa do noso entorno e dos nosos soutos en particular. Con esta toma de conciencia traballaredes para intensificar a protección e defensa dos nosos bosques. Tamén esperamos que o pasarades moi ben durante a navegación.
Avaliación
Para a valoración do voso traballo fundamentalmente teremos en conta os seguintes aspectos reflexados na grella que tedes a continuación
En xeral atenderemos os seguintes aspectos:
Participación de tódoslos membros do grupo na búsqueda de información, elaboración do traballo e presentación.
Uso de información relevante e concisa.
Corrección ortográfica e sintáctica.
Finalización das tarefas.
Deseño dos libros.
Utilización de ferramentas informáticas.
Presentación do traballo.
Experiencia vivida.
Despois deste traballo podedes descansar.
-
FICHA DE AVALIACIÓN
Moi bo Bo Satisfactorio Floxo
Participación.
Traballo na aula.
Participación esencial para o grupo e éste tivo en conta sempre as súas aportacións. Participación dunha maneira discontinua. A súa participación foi regular tendo en conta algunhas das súas aportacións. Non participou ou a súa participación foi escasa.
Organización A información está moi ben organizada con párrafos e subtítulos. A información está ben organizada con párrafos. A información está organizada con párrafos ás veces non ben redactados. A información non está ben organizada.
Redacción. Vocabulario e gramática . Non hai erros de gramática, ortografía ou puntuación. Case non hai erros de gramática, ortografía ou puntuación. Hai erros de gramática, ortografía ou puntuación. Hai moitos erros de gramática, ortografía ou puntuación.
Cantidade de información Contestouse a tódalas preguntas e todos los temas foron tratados con precisión e rigurosidade. Contestouse a mayor parte das preguntas e parte dos temas foron tratados con precisión e rigurosidade. Contestouse a mayor parte das preguntas e todos los temas foron tratados. Un ou máis temas non foron tratados.
Calidade de información A información está relacionada co tema principal e proporciona ideas secundarias e exemplos. A información está relacionada co tema principal. A información dá desposta as ideas principias pero non aborda detalles. A información Non se axusta as preguntas pantexadas.
Navegación Uso con éxito de enlaces suxeridos para atopar información e navegar fácilmente e sen axuda. Uso de enlaces suxeridos para atopar información e navegar fácilmente e sen axuda. Uso ocasional de enlaces suxeridos para atopar información e navegar fácilmente e sen axuda. Necesita asistencia para usar os enlaces suxeridos para atopar información e navegar fácilmente e sen axuda.
Presentación. Deseño de libros e material Rematouse todo o traballo plantexado na tarefa con éxito. Rematouse todo o traballo plantexado na tarefa. Rematouse parte do traballo plantexado na tarefa. Rematouse algo do traballo plantexado na tarefa.
Utilización de ferramentas informáticas O deseño é presentado en Power Point ou mediante páxinas web e ten fotos, imaxes.Orixinalidade moi grande. O deseño é presentado en Power Point ou mediante páxinas web e imaxes pero faltan fotos. O deseño é presentado en Power Point ou mediante páxinas web e ten algunhas imaxes, O deseño é presentado en Power Point ou mediante páxinas web e non ten fotos nin imaxes. Material moi pobre.
FICHA DE DATOS PARA O PROFESORADO
TITULO O magosto
AREA CC Naturais, Educación Ambiental, Lingua e Literatura
NIVEL Primeiro Ciclo da ESO
OBXECTIVOS Que o alumnado sexa capaz de elaborar unha presentación utilizando diversas feramentas informáticas e demáis medios.
Que o alumnado sexa capaz de elaborar un mural con diversos medios.
Que o alumnado sexa capaz de elaborar e deseñar libros ben seña de maneira tradicional ou cos medios informáticos.
Que o alumnado sexa capaz de traballar con outro alumnado con n.e.e de forma cooperativa e participativa.
CONTIDOS A castaña
O magosto
O catiñeiro
Planificación e recursos forestais
Loita contra os incendios e demáis plagas
Educación ambiental.
RECURSOS Páxinas web
Recursos tradicionais ou de tradición oral
Marta Arias López
José Manuel Bande Rivas
webquest
C.P.I. RAMÓN PIÑEIRO • Pobra de San Xiao • Láncara • LUGO • Tfno e fax: 982543129 • e-mail: cpi.ramonpineiro.lancara@edu.xunta.es