O Centro Info. Alumnos Educ. Infantil Educ. Primaria E.S.O. Biblioteca Actividades Novas
Xogo con CORES (II)
Xogo con LETRAS (II)
Xogo con NÚMEROS (II)
Xogo con FIGURAS (II)
Sopa de letras
Construimos un cabalo
Patrullas ecoloxistas
Mestas de Con
Unha visita inesperada
Inicio > Educación Primaria> Mestas de Con

Estancia en Mestas de Con (Asturias). Nov.-Dec. 2007

Curso 2007-2008
Learning English in Asturias
Domingo 25 de novembro de 2007  
Aínda que con retraso vou facer unha pequena recapitulación da nosa exitosa viaxe a Mestas de Con, pequena vila asturiana preto de Cangas de Onís.
Saímos do Colexio ás 11 da mañá con algo de morriña por parte de algúns e con alegría do resto para por fín disfrutar da nosa ansiada viaxe.

Paramos a comer no camiño, nun restaurante moi acolledor en Otur, na metade do camiño. Despois de comer e de estirar un pouco as pernas continuamos a viaxe. Chegamos ao noso destino sobre as cinco da tarde.

Cando chegamos alí, os nenos do outro colexio (Portofaro de Cambre) xa estaban medio instalados. Deixamos as cousas dentro do Albergue, chamado Palacio de la Teyería (contáronnos que antes alí houbera unha fabrica de tellas) e xuntáronnos para facer unha proba para ver como andábamos co inglés. Despois colocáronnos nas distintas habitacións, tres de cada colexio en cada unha.

Cenamos ás nove non sen antes escoitar as regras de convivencia pertinentes. Unha delas, as que nos fixo máis gracia foi que o que chegara tarde ao comedor, fose quen fose, tiña que bailar unha canción " Chicken dance" que o resto cantábamos. Casi todos tivemos que facer o "baile do polo" porque pola mañá pegábansenos as mantas. Agora no colexio cndo chego un pouco tarde fanmo bailar a min.

Despois de cear participamos, prepararon un xogo moi gracioso para que nos coñeceramos tanto profes, como nenos e monitores, que por certo eran cada un dun sitio diferente: Galen era de San Francisco, Wardy inglés, Rachel de Nueva Zelanda, Kathlin canadiense, Uli catalán pero para nos ao primeiro era de Malta (para que os nenos non lle falaran en castelá), Rob australiano e a axudante de cocina brasileña, así que ainda parecía a Torre de Babel, unianos a lingua o "INGLÉS".

Ás once e media fómonos para a cama. Dormimos moi ben xa que estabamos cansos e aquilo é un remanso de paz.
Mestas de Con

Mestas de Con
Flora's day
Luns 26 de novembro  
Erguémonos ás oito e media como estaba previsto cunha música de guitarra que aporreaba Rachel. Logo baixamos é para entrar no comedor tíñamos que poñernos en parellas facendo dúas filas (two lines) que polo visto non era moi doado para os nenos porque tardabam moito en facelo así como estar en silencio. Cando esto estaba conseguido entrábamos no comedor e cada un sentábase na mesa que lle adxudicaran, que por certo cada unha tiña un nome de animal.
O almorzo era moi bo, pois era variado( colacao,tostadas, manteiga,marmelada,galletas,zume..), ao remate recllía a mesa o que lle tocaba e o monitor de día daba as instruccions pertinentes: go to the bedroom, clean your teeth, wash your hands, tidy your room and then go back at .....(hora).

Oluns foi o día da flora así que despois de colocarse cada un no equipo correspondente xunto cos seus monitores, saímos cara ao monte. Chovía e algúns non trouxeron a roupa de auga que lle mandaramos, nin as botas de montaña, eu entre eles, polo tanto buscamos o mais axeitado e alá nos fumos. Foi unha mañá moi divertida e interesante, xa entre a choiva, as follas, o chan arcilloso e polo tanto resbaladizo, fixo que eu fora a estrela principal das caídas, e os nenos pasárono pipa vendo as miñas aterraxes. A parte didáctica foi moi interesante, xa que Galen explicáballes moi ben, aprendemos os nomes das árbores que abundan máis naquela zona, tanto en inglés, coma en galego e castelán; e así recñecemos: o carballo (oak) o castiñeiro(chestnut) o tilo (lime) e algún máis. Fixemos un bonito xogo para recoñecer as árbores ;recollemos follas, froitos,pedras e comemos mazas dunha maceira que estaba aló arriba, tan alto chegamos que parecía que o ceo estaba moi preto de nos. Voltamos cara ao albergue á hora de xantar, cansos pero contentos.

Pola tarde, como estaba chovendo viron unha película en inglés no comedor: Ratatouille. Logo xuntáronse por equipos e traballaron cos monitores facendo murais ou no seu caderno de campo. Mentres os nenos estaban cos seus grupos, Rita e máis eu fomos a dar un longo paseo ata a hora da merenda. Logo os nenos de cada colexio xuntábanse cos seus profes e ou ben nunha habitación que lle chamaban a cuadra ou no comedor cantábamos e facíamos murais ou traballos escritos sobre a nosas vivencias alí.

Pola noite xogamos fora á busca do monitor perdido e pasámolo moi ben.
Mestas de Con
Fauna's day
Martes 27 de novembro  
Son as oito e media da mañá e unha especie de música que parecía que estabamos na selva polo son que facía o tambor que Uli aporreaba espertounos. Erguémonos, aseámonos e baixamos para ir ao comedor, coma sempre as "two lines" and "silence" dábanos moito que facer. Entramos e deseguido algún preguiceiro/a asomou pola porta e puxémonos contentos porque o "chicken dance" estaba asegurado. Ao saír fomos de novo os cuartos para arreglalos e deixalos en perfecto estado de revista, xa que mentres nós estiveramos fóra, alguén faríalles unha visita de recoñecemento e cando volvésemos na porta de entrada aparecería o cartel de "GOOD" / "VERY BAD" "CLEAN YOUR BATHROOM" "THE BEST"............

Eran as once cando emprendemos a camiñata para ver a fauna da zona. Primeiro paramos nunha cuadra na que había unhos xatos moi bonitos ( calves dixo Rob), logo pasando o río parámonos nun galiñeiro, e alí vimos polos (chickens) galiñas (hens). Os nenos tiveron que debuxar un dos animais e as sua pegada, así como o galiñeiro, e anotar por suposto en inglés as suas características( size,food). Seguimos monte arriba e atopamos as famosas vacas asturianas cos seus cencerros soando a cada movemento, os nenos tiveron que volver a facer as suas anotacións pertinentes. De volta paramos na plaza que hai diante do Colexio do pueblo e xogamos a un escondite inglés. Cando chegamos ao albergue levabamos moita fame. Pola noite xogamos fóra e pasamolo moi ben.
Mestas de Con
Water day
Mércores 28 de novembro  
Coma todos os días erguémonos ás oito e media e fixemos a rutina diaria. Despois de arranxar os cuartos, saímos fora e esperamos ao autobús que nos ía levar a Covadonga. Primeiro subiron os que se mareaban, logo de tomar os chicles do mareo. A estrada ao principio estaba ben, pero cando comezamos a subir monte arriba, xa nos chegaba. O día estaba abraiante, parecía feito a mantenta, xa que os días anteriores estiveran regular. Chegamos ao Centro de Interpretacion do Parque Natural dos Picos de Europa, e primeiro déronnos unha pequena explicación da súa historia, alí estaban refrexados os primeiros apaixoados da montaña, que loitaron para convertilo no que é na actualidade, "unha maravilla" ; despois puxéronnos un video precioso sobre as especies tanto animais coma vexetais propias da zona ; alí estaban os osos (brown bears), os rebecos (chamois) os lobos (wolves) os zorros (foxes) os lagartos (lizards) as aguias reais (golden eagles)..... O saír de alí comezamos a camiñata monte arriba por un camiño no que cada vez que nos parabamos para coller aire e mirabamos para atrás, quedabamos coa boca aberta ante tanta beleza. Seguimos subindo ata chegar o Lago Ercina,! que espectáculo !. A xeada apilada nos recunchos, parecía neve, e os nenos xogaron con ela.

Continuamos subindo ata que o Lago Enol apareceu con todo o seu esplendor, xa que parecía un cadro ; fomos ata a súa ribeira e mollamos as mans na auga conxelada.

Rob sacou unhas cantas fotos e volvemos a baixar ata o autobús. De volta paramos en Covadonga, e despois de ver a gruta da Virxen e dar unha volta, regresamos ao albergue con ganas de comer e descansar
Mestas de Con
Earth day
Xoves 29 de novembro  
O día da terra amenceu un bo día. Despois de facer os nosos traballos domésticos, saímos ao monte a recoller rochas variadas coa explicación en inglés feita polos monitores. Logo de refrexar no noso caderno de campo as referencias ao visto, aprendemos o uso da brúxula (compass) e a facer por medio de sinais feitas tanto no chan coma nas árbores pistas para que os outros equipos as descifraran. Pola tarde saímos a buscar as sinais dos outros equipos. Pásamolo ben, chegamos á hora da merenda.

Pola noite aprendemos cancións no comedor, entre eles a adicada ao deus da choiva "Cachabamba", pedíndolle bon tempo.
Mestas de Con
Viaxe a Oviedo
Venres 30 de novembro 2007  
Às once da mañá e logo de coller cada un o noso "picnic", saímos en autobús en dirección á capital do Principado de Asturias. A viaxe foi bonita xa que a paisaxe é preciosa. Ao chegar á capital dirixímonos á Catedral de San Salvador, que así se chama. Mentres que os distintos grupos ían entrando, o resto asentámonos no chan diante da porta principal e no noso caderno debuxamos aquela complicada fachada. Excuso decir que algún dos debuxos tiña algo de xeito, pero outros...,bueno a intención puxemola todos.

Logo fomos a comer ao parque de San Francisco. precioso sitio, onde ao rematar xogamos uns xogamos ao fútbol e outros corremos por alí.

Pola tarde volvemos a coller o autobús para ir ver unha mina e o seu museo. Foi unha visita espectacular, xa que baixamos a 600 m. de profundidade no ascensor que os mineiros empregaban cando estaba productiva. Unha rapaza moi xeitosa, edspois de poñernos o casco pertinente foinos adentrando por aquelas estreitas galerías, primeiro explicáballe a Rachel e logo ela en inglés traducíanos o que ela lle dixera. O sonido ambiental era como si aquelo estiver en funcionamento polo que parecía que as vagonetas viñan tras de nos. Cando volvemos a subir a pé por medio de escaleiras e rampas arriba parecía que síramos do inferno por iso lembramos o dificíl e perigoso traballo dos mineiros. Chegamos xa de noite ao albergue.

Coma ao día seguinte volvíamos para a casa, mandáronnos preparar a maleta. O prblema de moit@s era "o saco de durmir"; non entraba na súa bolsa, polo tanto tivemos (Rita e máis eu) dando explicacións e axudando a facer a tarea.

Ás nove fomos ao comedor, e... sorpresa, estaba todo adornado con globos e serpentinas. As mesas, colocadas como si fora para unha voda, estaban cheas de pratos con: patacas fritas, queixo de Cabrales, tortilla, empanadillas, embutidos, aceitunas, bebidas e... Puxémonos ao redor da mesa e a comer e beber(Coke, water). Cando rematamos axudamos a apartar as mesas para bailar ao ritmo da música que os nenos poñían nunha cadea de música, e ao ritmo de Paquito el chocolatero, Ryhanna,Sueño de Morfeo... estivemos bailando ata que nos mandaron parar e colocarnos ao fondo do comedor para entregarnos un diploma por asistir ao Programa. Aparte déronse premios: ao monitor que no xogo da noite se escondeu mellor, Rita foi a gañadora; á monitora máis vella pero con moitas gañas de participar, esa era eu "a aboa rockera", ao cuarto mellor arreglado(the best) no que estaban entre outros Miriam e Cristina Pernas entre outras que recorde agora. Logo deitámonos e aínda tardamos en durmir xa que algúns estaban moi nerviosos pola marcha.
Mestas de Con

Mestas de Con
A despedida
Sábado 1 de decembro 2007  
Despois dunha tarde-noite un pouco axetreada, cando estábamos a durmir moi relaxadamente, chamáronnos para erguernos. Os máis preguiceiros aínd tiñan as maletas sen rematar e os "sacos de durmir" sen meter nas súas bolsas, así que tivemos que botarlles unha man se non queríamos estar alí toda a mañá.

Almorzamos e despedímonos dos nen@s do Colexio de Portofaro, así coma dos profesores que eran moi boa xente. Cada un colleu a súa bolsiña cos seus bocadillos e cando chegou o autobús empezamos a subir non sen antes despedirnos dos monitores, que foron estupendos. Chovía a mares, parecía que o día estaba tan triste coma algún de nós, xa que a experiencia foi extraordinaria polo menos para min ; outros en cambio estaban agardando que os deixáramos usar o tan ansiado "mobil". Paramos a comer no mesmo sitio que á ida. Chegamos a Pobra ás cinco da tarde. Tanto os nenos coma os pais estaban contentos de ver de novo aos seus fill@s que para algúns era a primeira vez que estiveran tantos días fora da casa. E colorín colorado o relato está acabado.
Mestas de Con


C.P.I. RAMÓN PIÑEIRO • Pobra de San Xiao • Láncara • LUGO • Tfno e fax: 982543129 • e-mail: cpi.ramonpineiro.lancara@edu.xunta.es