redacción 01.03.2018 | 13:12
Especialistas de Enfermería pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro impartiron onte unha charla no Colexio Plurilingüe Don Bosco co título "Axudándolles a crecer adecuadamente" na que se trataron temas de interese para o desenvolvemento evolutivo e continuo dos alumnos tanto no fogar como en casa. O taller aproveitouse para explicar a todos os presentes a utilización da páxina web do centro, as vantaxes que ofrece o Sergas a través das novas tecnoloxías para acceder a información médica e poder ver resultados de probas.
O colexio considera "imprescindible" o papel da sanidade no ámbito escolar por iso incide en traballo de prevención para mellorar a calidade de vida do alumnado, familiares, docentes e resto de profesionais implicados.
Enlaces:
[1] http://fotos00.farodevigo.es/2018/03/01/690x278/faro-chapela-3.jpg