3º e 4º de primaria
![]() |
O mércores 24 de febreiro tivemos a oportunidade de compartir a xornada cos actores e dobradores Manuel Pombal e Suso Pando, fixéronnos un xogo dramático moi divertido de Tucho Raquetucho e a pelota peluda e mostráronnos a elaboración dunha película, dende a creación a ata a súa dobraxe. |
| Logo disfrutamos poñendo a voz nun capítulo especial de Bob Esponja e abofé que nos encantou o resultado. Pero non pensedes que é tan doado, que se ler, que se simular, que se o son que se a voz, agora probamos, quen quere saír, silencio, gravamos.... escoitamos, e voilà! Que ben o fixemos!!!!! levaremos un dobrador dentro de nós? | ![]() |
Resultado da dobraxe de 3º de primaria [1] e resultado da dobraxe de 4º de primaria [2] ... tod@s uns profesionais, os que gravaron e os que simularon gravación. Noraboa chic@s!!!! Un capítulo especial de Bob Esponja.
(Perdoade pola corte do principio, pillounos de improvisto e quedounos o profe Javi medio cortado)
Enlaces:
[1] https://youtu.be/HCWsYquMAH0
[2] https://youtu.be/SzZdNLv46ao