Benvidos ó recanto de Inglés
O noso Proxecto de Anticipación da Primeira Lingua estranxeira baséase principalmente en tres aspectos que consideramos moi importantes:
O nivel madurativo dos alumnos e alumnas.
Os ámbitos de interese dos nenos e nenas.
Os coñececementos previos.
No Segundo Ciclo da Educación Infantil non é un obxectivo que os neos e nenas realicen produccións correctas na lingua estranxeira nin oralmente nin na escrita. Senón que teñen que acadar as habilidaes previas para acadar este obxectivo máis adiante.
Así, a nosa programación está dirixida ó desenvolvemento dunha actitude positiva cara á lingua inglesa e a cultura dos países de fala anglosaxona.
O erro considérase parte do proceso de aprendizaxe. O noso interese está na comunicación real na lingua inglesa proporcionando ós nenos e nenas de contextos e propósitos reais, dentro das posibilidades da aula.
Os xogos, debuxos animados, cancións, rimas, contos , baile, dramatizacións, monicreques, tarxetóns e obxectos reais son á nosa maneira de introducir progresivamente a lingua estranxeira.
![]() |
Marina Fariñas de Alba Teacher of English |