O MAGOSTO

 

ALGO DE HISTORIA

 

 

Foron os romanos os que axudaron a expandir e introduci-lo castiñeiro de xeito masivo no noso pais. Ata despóis do descobremento de America (S.XV) e a importación da pataca e o millo, a castaña era o producto base da alimentación galega. Cocida, asada, en puré ou simplemente seca, ninguén poñíase á mesa se non había castañas.

Hoxe en día a pataca desterrou á castaña das nosas mesas e a enfermidade da Tinta, moi mala de erradicar está a acabar cos castiñeiros dos nosos montes.

Pero, nesta terra de ritos e lendas, a castaña é moito máis. Segundo as crenzas antigas era como un símbolo da ánima dos defuntos. Cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio.

Murguía consideraba a festa do Magosto coma un banquete funerario no que a castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida.

Tal vez fora deste xeito, pero o que sí é certo é que entre os días 1 (Santos) e 11 (San Martiño) de novembro, despois do equinoccio, celebrábase o Magosto. Festa, nun principio pagana e cristianizada posteriormente, relacionada có culto á fecundidade e na que se honraban as colleitas.

Nos, en pleno século XXI tentamos salvagarda-las tradicións populares lembrando e emulando ós nosos ancestros.

Anterior