O MAGOSTO
ALGO DA FESTA |
![]() |
Xa dende o comezo da tarde as mozas empréganse na árdua tarefa de recolle-las castañas entre risas e ais!, unhas polas perspectivas da festa e outros polos esquivos ourizos que non facilitan a labor.
Os mozos, pola súa banda, fanse cargo do viño e de preparar a foupa (agulla de piñeiro, toxo ou loureiro) sobre o que se colocarán as castañas.
Xa todo listo préndese o lume, mentras os rapaces esperan nerviosos o momento de coller a cinza para tisnar as súas caras e as dos compañeiros.
Entre carreiriñas, berros, tonas de castaña, charlas e grolos irá transcorrendo unha noite especial que, en torno ó lume, tenta irmandar ó galego cúns devanceiros ós que segue unido polo vencello da tradición.
| anterior |