A FESTIVIDADE DO SAMAÍN

 

 

Os antigos celtas tiñan o ano dividido en trece períodos adicados cada un a unha árbore. Estes trece períodos agrupábanse en oito estacións. Unha das cales era Shamain. Prolongábase desde o 31 de Outubro ata o vintetrés de Decembro e comezaba con tres días de festa.

 

O Shamain era unha das catro festas máis soadas do ano xunto con Oimelc, Beltane y Lughnasadh. Cada unha delas coincidía cun solsticio ou equinoccio , correspondendo Shamain ó Equinocio de Outono. Estas festividades chamaronse “festivais do lume”. Shamain considérase como o principal destes festivais, debido a que sinalaba o Aninovo celta.

 

Shamain foi o festival celta original sobre o que o calendario cristiano occidental instalou o seu Día de Tódolos Santos ou de Defuntos.

 

 

 

páxina seguinte