Era a principios de Novembro cando a xente de Europa do Norte e occidental concluía as derradeiras das súas colleitas, eliminaba o excedente (en especial dos animais, deste xeito, os sobrevivintes terían suficiente para pasa-lo inverno) e organizaba grandes comidas. Invitaban ós seus ancestros a disfrutalas, decoraban as tumbas familiares e contaban historias de fantasmas.

 

Dado que os celtas comezaban cada día coa posta de sol do día anterior, Shamain chegou a referirse como a víspera (evening, en inglés) de tódolos santos (All Hallows, en inglés). Ó contraerse as dúas palabras naceu o término Hallow-e-en e despois o actual Halloween.

 

Shamain era e é considerado un tempo cheo de maxia, durante o cal a morte camiña entre os vivos e os velos entre o pasado, presente e futuro poden ser movidos, en forma de profecía e adivinación.

 

Contan que moitos feitos importantes da mitoloxía celta ocorreran nestes días e relacionaban isto coa victoria temporal das forzas da escuridade sobre a luz, sinalando o principio da metade escura e fría do ano.

Ir páxina seguinte

páxina anterior Inicio