Shamain, desde o 31 de Outubro ata o 2 de Novembro, era un tempo sen tempo. O tempo era abolido durante o festival.

Os druidas sabían que estos días tiñan unha calidade especial para eles. Os límites entre este mundo e o mundo dos ancestros fundíanse durante estas noites e, para aqueles que estaban preparados, podía haber un paso seguro cara ó outro lado. Os ritos dos druidas, desta maneira, dirixíanse a facer contacto cos espíritos dos que xa non estaban e que eran vistos como fonte de guía e inspiración, antes que de temor.

 

A lúa escura, o tempo durante o cal non se ve a lúa no ceo, era a fase lunar que rexía este tempo, xa que representa un período no cal a nosa vida necesita ser oscurecida para poder ver nos outros mundos.

Os descendentes dos celtas dos países anglosaxóns, principalmente os irlandeses, espallaron estas celebracións polo Reino Unido e por América e dalá ó resto do mundo occidental.

Baseado no artigo orixinal de Isaac Bonewits

páxina anterior
Inicio