Os Reis Magos.-

Son os máis esperados destas fechas. Dende o século VII no que aparece referencia ós Magos nun códice da Biblioteca de París, celébrase a súa puntual chegada guiados pola estrela de Belén ata o humilde pesebre donde naceu a figura máis importante da cristiandades. San Mateo cítaos no Novo Testamento, e máis adiante, coñecéronse os seus nomes: Melchor, Gaspar e Baltasar. Da súa orixe non temos referencias, algúns estudos din que podían ter sido astrólogos babilonios ou sacerdotes persas. En canto ó número, pénsase que foron tres porque este foi o número de agasallos que levaron ó Neno: ouro, incienso e mirra. As tradición dos Reis Magos inclúe non só os agasallos senón tamén as soadas cabalgatas na noite do día cinco de Xaneiro coas que rematan ás festas de Nadal.