Papá Noel![]()
![]()
Tamén coñecido como Santa Claus, tivo as súas orixes en Dinamarca, na figura historica de San Nicolás, un home que repartía agasallos entre os máis desfavorecidos. No século XIX –concretamente no ano 1841- empeza a asociarse a un home vello que foi representándose de diferentes formas ata o aspecto que tódolos nenos recoñecen hoxe do home barbudo, bonachón e simpático que según algunhas opinións, débese a un debuxante de Coca-Cola no ano 1931. A tradición actual di que Papá Noel entra nas casas polas chemineas na Noiteboa e deixa agasallos baixo a árbore de Nadal, ou en calcetíns tecidos para tal fin que os nenos deixan colgados da cheminea ou, a falla desta, da pata das súas camas.