A árbore

 

 

 

 

 

É tradición nas culturas occidentais, decorar un abeto con bolas e cintas de cores.

 

Nós suxerimos dende aquí que non se corte nin unha sóa arbore e que as familias fagan alarde da súa imaxinación para crear adornos con materiais de reciclaxe ou alimentos.

No caso de mercar unha árbore, cando rematen as festas, o noso consello é que sexa reprantado para que non morra.

Pódense facer representacións de abetos con ramas collidas en paseos, ou alambres decorados con lás de cores que se teñan gardadas e que xa non valen.

Para as grinaldas e resto de decoracións van perfectamente flocos de millo cosidos e pintados, ou tiras de bonecos recortados, figuriñas modeladas con masa de fariña ou pasta de sal.

É importante que os nenos participen na confección de adornos e preparación de comidas xunto cos seus pais, que vivan momentos felices e que os maiores non transmitan a idea de que o Nadal é pretexto de consumo desaforado.

l