UN PAI, UN NENO E UN LIBRO
OUTRAS ACTIVIDADES PLÁSTICAS
Os nenos son moi creativos cando teñen nas mans un anaco de plastilina ou pasta de modelar, con ela poden crear as personaxes do conto e aqueles obxectos que aparecen nel.
Pódense facer representacións do conto con outros materiais; papel, cartolinas, recortes de revistas, folletos, teas ( podemos axudalos a confeccionar marionetas, ou si xa as temos na casa podemos representa-la historia a modo de teatrillo caseiro).
Ademais das ideas que vos damos, veredes que a creatividade dun neno é infinita; comezando por aquí e deixando voar a vosa imaxinación e a dos vosos fillos seguro que inventades moitas mais actividades divertidas...
¡¡ANIMADEVOS A LER CON ELES, É UNHA BOA INVERSIÓN!!
Equipo de Ciclo
![]() |
Mª José Pacheco Etchevers |