UN PAI, UN NENO E UN LIBRO

O feito illado de mercarlles libros os rapaces non implica, necesariamente, que ós esteamos animando a ler... pode tratarse simplemente da acción de “mercar algo”... moi común nestes tempos de consumismo desaforado nos que vivimos... (Ideas de animación á letura)

Se o que queremos realmente e ANIMAR Á LETURA ós nosos nenos, convertilos en verdadeiros letores que disfruten lendo, que atopen a importancia dos libros como medio de comunicación, de información, de diversión e ocio, teremos que comezar por aprenderlles a descubrir un libro; a desfrutalo e amalo; a comprendelo, e por fin a ler .

Ós nenos gústalles, desde moi pequeniños, “mirar” as ilustracións dos libros, atraenlles as imaxenes. Aproveitemos estes momentos envolvendoos de misterio, de fantasía... provocando no neno as ansias por outros libros, por descubrir o que podería atopar en volúmes diferentes...

Desexamos, desde aquí, aportar algunhas ideas que vos poidan axudar nesta difícil tarefa. Son só algunhas indicacións. Estamos seguros que a vosa creatividade e imaxinación, xunto cás dos vosos fillos, atopará un sinfín de ideas para mellora-la calidade dos nosos pequenos letores.