Entendemos que toda a comunidade educativa ten que establecer uns obxectivos mínimos ao longo do curso. Polo tanto, expoñemos os que son de ámbito xeral, os referidos ao alumnado e os que competen aos pais/nais.
As normas de convivencia do Centro, regulando os dereitos e deberes dos alumnos e demáis membros da Comunidade Educativa, deben propiciar o clima de responsabilidade, traballo e esforzo que permita que todos eles obteñan os mellores resultados do proceso educativo. E, ao mesmo tempo, a adquisición de hábitos e actitudes recollidos na LOXSE, os valores que propugna a LOE e demais lexislación fundamental.
O bó funcionamento do Centro descansa nos diferentes Organos de Goberno, se necesitas consultar a sua composición podes facelo aquí.
O Persoal do Centro está constituido por 11 mestres/as:
- 9 mestras especialistas en Educación Infantil: 7 titoras e 2 mestres/as de apoio.
- 1 mestre especialista en Audición e Linguaxe
- 1 mestra especialista en Inglés
Encóntrase regulado na Orde do 15 de xuño de 2009 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2009/2010, nos centros docentes sostidos con fondos públicos.( DOG, 22/6/09)
O bo funcionamento da Escola depende de todos nós. Para que as familias sexan coñecedoras dos progresos dos seus fillos/as, establécese por lei o horario de atención a nais e pais que será os martes de 16:00 a 17:00.
A EEI O GRUPO dispón de PLAN MADRUGA, que facilita a conciliación da vida familiar e laboral ao permitir que os pais poidan deixar aos nenos no centro antes das 9:00 horas.
Durante todo o curso académico 2009-2010 o alumnado fará diferentes visitas culturais e asistirá a actividades ofertadas polo Concello e outras entidades en horario lectivo. Ademais, en colaboración coa ANPA, realizaranse actividades extraescolares.
A Asociación de Nais e Pais colabora coa formación dos nenos e nenas do Centro fomentando Actividades Extraexcolares, participando nas diferentes actividades académicas.