BENVIDOS O NOVO CURSO ESCOLAR 2009-2010

BENVIDOS

 

      O xoves, día 10 de setembro comeza o curso escolar 2009-2010, no que viviremos novas aventuras, aprendizaxes e vivencias que compartiremos coas familias, e demais membros da comunidade educativa. O claustro da escola de educación infantil O Grupo, aproveitamos para daros a benvenida ao novo curso. Esperamos ansiosos a chegada dos peques ás aulas, cargados de enerxía, ilusións e novos proxectos, coa finalidade de que este sexa un ano cargado de logros e emocións para todos.