PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SOBRE O NOVO VIRUS DA GRIPE A (H1N1)

Para acceder a información recollida no portal educativo da Xunta de Galicia debe premer sobre as imáxenes seguintes.

                ACCESO A WEB SOBRE GRIPE A         PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SOBRE O NOVO VIRUS DA GRIPE A (H1N1)       

Información para as familias

    1. Os centros escolares deberán manterse abertos con total normalidade. As autoridades sanitarias competentes serán as encargadas de ordenar o peche dun centro público.

    2. Se por calquer motivo o seu fillo/a non pode acudir á escola deberá comunicalo. Desde o centro levaráse un control diario das faltas de asistencia. Estes datos cargaranse nunha aplicación informática á que terán acceso desde a Consellería de Educación e desde a Consellería de Sanidade.

    3. Para facilitar esta tarefa é moi importante que actualice os seus datos persoais, en especial os teléfonos de contacto.

    4. En ningún caso traia ao seu fillo/a se presenta algún dos seguintes síntomas:

             -Febre

            -Tose, mucosidade nasal, dificultade respiratoria, dor de cabeza e/ou garganta, dores muscalares, irritabilidade, malestar xeral.

          -Ás veces diarreas e vómitos

Medidas preventivas.

    1. Use panos de papel de un só uso para tusir ou esbirrar. A continuación tireos

    2. Lave as mans con frecuencia con xabón

    3. Evite tocar os ollos, boca e nariz

   4. Non compartir obxectos da hixiene persoal

   5. Ventilar diariamente a casa

   6.Volverase á clase transcurridos 24 h despois de que cese a febre

 Para máis información.

    -Consellería de Educación       881999200

    -Consellería de Sanidade       Consultas    902400116

     -Urxencias    061

    -Seccións de epidemioloxía    986885872