O vindeiro 13 de novembro celebraremos o magosto no centro. Como en anos anteriores, os representantes da ANPA traerán un carriño para que todo o alumnado poida ver como se asan as castañas no patio. Esperamos a colaboración das familias, polo que a partir do luns día 9, cada nen@ aportará un puñadiño delas, picadas.
Por outra banda, tamén poderedes participar na exposición da entrada principal de foitos da tampada (noces, abelás, améndoas, freixoas, cogomelos, granadas,...) e de receitas, refráns, cantigas e adiviñas relacionadas coa estación.
Con todas as aportacións recollidas, elaboraremos un libro das diferentes festividades celebradas no colexio. Por iso, agradecemos que se presenten en tamaño folio- A4.
Non esquecedes, polo tanto, que o venres 13 o alumnado non deberá traer merenda ao colexio.