O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xurde dunha iniciativa pioneira, non gubernamental, independente, e voluntaria da Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. Seu obxetivo é a educación en e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respeto os Dereitos Humáns, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convertense en instrumentos de paz e entendemento entre personas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
O mensaxe básico deste día é: ’Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra’.
O día 30 de Xaneiro conmemórase ademáis a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación da que eran obxeto os indios. Ao volver a India organizou a resistencia non violenta (súa filosofía, de base relixiosa, tiña por principio fundamental a non violencia) contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindúes e musulmáns que produxéronse trala independencia en agosto de 1947 (os colonialistas británicos impuxeron como condición para retirar as súas tropas, a división da India en dous estados, India e Pakistán, un hindú e outro musulmán). Encarceado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de movilizar ou deter a millóns de indios.
Interés educativo deste día
A formación para a paz, a cooperación e a solidaridade entre os pobos é unha das finalidades que se plantexan neste sistema educativo. Xa a LOGSE subraia a necesidade de traballar estos aspectos de forma similar a outro tipo de contidos, e deste modo xurdiron os temas transversais.
Sen embargo, o traballar continuamente desde estos conceptos (a paz, concretamente, dentro da Educación Moral, Educación para a Convivencia e a Paz) non impide que sintamos a necesidade de que existan datas concretas, como hoxe, que nos recorden que todavía hai situacións sociais complexas.
Esta celebración é, por tanto, unha oportunidade máis de contribuir a que os centros se convirtan en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. Sen olvidar que a escola é un reflexo dunha sociedade coa que comparte defectos, pero nela tamén se educa para a vida e se busca desarrollar nos alumnos as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa.
Por todo isto, debemos contribuir, a través da educación, a concienciación de todos na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humán que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desarrollar plenamente as súas facultades no seno dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.
Enlaces de interés sobre o tema
Día Escolar de la Paz y la No Violencia en educacionenvalores.ogr
. Enrédate. Unicef
www.enredate.org/
· Sedupaz. Seminario de Educación para la Paz-APDH.
http://www.pangea.org/org/sedupaz/
· Seminario de Educación para la Paz de las Comarcas de Tarragona
http://www.fut.es/ agr/bienve.htm
· Seminario Galego de Educación para a Paz
http://www.sgep.org
· Edualter. Iniciativa de coordinación e información sobre Educación para la Paz en Internet
http://www.pangea.org/edualter/
· CIP. Centro de Investigaciones por la Paz. Madrid
http://www.fuhem.es/portal/areas/paz/index.asp
· AMNISTÍA INTERNACIONAL (AI)
http://www.es.amnesty.org/
· Escuela cultura de Paz
http://escuelaculturadepaz.org/