O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra chega de novo á cidade para facernos gozar da literatura e o amplo universo que a rodea.
O Salón do Libro está pensado para o goce compartido. Nenos e adultos que se divirten e descobren xuntos o mundo dos libros. Por iso preparan un amplo programa de actividades para toda a familia. Para os máis cativos e tamén para os maiores.
Os cativ@s da nosa escola participan outro máis neste proxecto de animación a lectura a través do Proxecto: Marín, a miña cidade. A partir de actividades sobre a cidade na que viven, A actividade estrela do proxecto foi a creación entre todo o alumnado do centro dun conto onde os persoaxes pasan por diferentes escenarios da cidade de Marín. Este conto foi ilustrado polos peques, así como a creación das personaxes. Co uso das Novas Tecnoloxías dotamos de vida a nosa obra: "A Gaivotiña Namorada", coas voces dos neos/as. Se queredes disfrutar do traballo podedes visitar o noso blog: http://ogrupodeinfantil.blogspot.com/
Portal do Salón do Libro: