A E.E.I. O GRUPO quere compartir con vós a chegada do Entroido.
Para iso propoñémosvos algunhas actividades nas que contamos coa participación das familias:
EXPOSICIÓN DE FOTOS ANTIGAS. Para facer unha exposición sobre esta celebración, pedímosvos fotografías do alumnado de Entroidos anteriores. Entregarásevos un folio sobre o que se pegará a foto, co nome do neno e do disfrace en galego.
REFRÁNS, ADIVIÑAS E RECEITAS. Tamén poderedes recoller adiviñas, refráns e receitas típicas da data. Colocaranse na entrada principal para que as titoras leven aos grupos a coñecer un pouco máis da tradición e da gastronomía.
O MANDADIÑO. A partir de hoxe, aparece o Mandadiñopara acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando que prendas teremos que vestir do luns ao xoves para que finalmente parezamos unha comparsa. (Luns: camiseta grande por riba da roupa. Martes: a mesma camiseta e viseira ou gorro. Mércores: camiseta grande, viseira e pano no pescozo. Xoves: camiseta grande, viseira, pano no pescozo e cara pintada).
MÁSCARAS E ANTEFACES. Pretendemos enfeitar o centro coas máscaras e antefaces que levaredes para casa. Pedide a colaboración dos nenos e nenas e … botádelle moita imaxinación!
FESTA DE ENTROIDO. O venres, día 12,teremos unha festa na que o alumnado virá disfrazado da casa como desexeEse día temos que habilitar unhas aulas para o baile e deixalas sen mobiliario, polo que non pode desenvolverse a clase normal. Por iso, e dando máis marxe para que poidades vestir con calma aos nenos/as, a festa comezaráás 10:00 horas. Pregámosvos que os traiades a esa hora porque hai que preparar as clases para a festa. Pola contra, se a algunha familia lle fose imposible vir a esa hora, lémbrasevos que o centro estará aberto no seu horario habitual. A hora de recollida é a de sempre.Na merenda dese día, o centro aportará os aperitivos salgados. As familias que o desexen, poderán elaborar pratos típicos: (filloas, orellas, flores…) e traelos en pequenas cantidades, de xeito individual ou a medias entre varias familias que se poñan de acordo. A idea é a de compartir cos compañeiros/as doces propios da celebración. Ademais, cada neno/a debe traer un botellín pequeno de auga co seu nome.
SERÁ UN ENTROIDO POR TODO O ALTO CON MÁSCARAS E DISFRACES, MÚSICA E DIVERSIÓN, RODEADOS DOS COMPIS E MESTRES!