Co motivo da celebración do día da Constitución, os pequenos das escolas de Poio fomos ao Concello. O alcalde Luciano Sobral recibiunos a todos e fixemos unha representación dun pleno para poder entender mellor como funciona o sistema democrático

Algúns alumnos representaron o papel de determinados concelleiros e tiñan que facer as súas propostas que posteriormente serían levadas a votación.

A nós, tocounos facer a proposta da concellería de xuventude.
Iria foi a encargada e propuso que se fixera no Concello un centro onde poder reunirse a xuventude para facer amigos, facer cursiños, para sobre todo non andar polas rúas sen facer nada.

O noso compañeiro Álvaro fixo o papel de secretario e levantou acta do alí acontecido

Os demais fixemos de público e participamos no apartado de rogos e preguntas

Ver fotos

saír