|
ENTROIDO 08 Este ano a concellería de educación de Poio organizou unha festa de entroido para os preescolares do Concello. A festa foi no pavillón da Seca e tivo unha duración de 2 horas.Todos os nenos levamos os nosos disfraces, que fixeramos no cole durante os días anteriores, e o chegar alí fixemos un desfile e tamén subimos ao escenario para cantar as nosas cancións alusivas ó entroido. Despois vimos a actuación dun mago e bailamos ata as 13 horas, momento no que nos levaron de novo ás escolas. Os nenos do Sartal e nos levamos un disfraz de sardiñas,os de Raxó ían disfrazados de exipcios,os do Pereiro e de Portosanto de piratas, os de Albar de peixes de cores e os do Vao de Blancaneves e os sete ananiños. |