![]() |
Este ano tivo lugar en Pontevedra a IX edición do Salón do libro infantil e xuvenil. A temática elexida foi O MAR. Os nenos desta escola decidimos participar e como somos poucos fixemos o noso libro cos nenos da escola do Sartal,"RIMAS DO MAR" O primeiro que fixemos foi buscar animais que viven no noso mar, ese que vemos dende a escola.Os pais axudaron e levamos á escola moitos nomes.De todos eses eleximos catro cada escola.Nos eleximos o mexilón, a sardiña,o caranguexo e o polbo e os nenos do Sartal a raia, a ameixa,o golfiño e a estrela. Despois buscamos información sobre eles en internet e a mestra axudounos a facer unhas rimas sobre cada un. As follas do noso libro fixémolas con distintas técnicas plásticas, tanto os fondos (pintura con rodillos,con papel pinocho, esponxas e salpicando con cepillos) como os animais (pintado con plastilina, collage e pincel). Unha vez rematado fixemos un mural do mar colectivo e pegamos con velcro fotocopias plastificadas dos nosos animais.Quedou así de chulo.
¿Queres ver o resultado? Pincha aquí. O mércores 30 fuimos ao Salón do Libro cos nosos compañeiros das escolas de Sartal e de Raxó. Estivemos toda a mañá. Primeiro vimos unha obra de marionetas titulada GLUB,GLUB.Despois fixemos unha visita guiada polo Salón e vimos todos os traballos sobra o mar que fixeron os colexios de Pontevedra, incluindo o noso.Por último vimos outra obra de teatro LA ISLA DEL TESORO.Pasámolo moi ben.
|