Neste curso fixemos unha obra de teatro dixital.O noso traballo consistiu en

1º Facer os decorados da obra .Estivemos buscando nos contos da biblioteca paisaxes que nos servisen.Cando tivemos decidido cales queriamos, os maiores da escola copiámolos .

2º Aprendimos de memoria o texto os maiores e os mediáns. Isto non nos custou moito porque o conto o lemos moito na escola.

3º Gravamos as voces.

4º Gravamos con video os movementos e os desprazamentos.

5º A profe fixo a montaxe.

¿Queres ver o resultado? Pincha aquí

  • O pingüín perdido. (2006/07)

Neste curso traballamos moito co ordenador, e sobre todo co programa Tux paint.

Despois do traballo sobre a Antártida e os pingüíns fixemos un conto titulado O pingüín perdido.

Entre todos inventámos o conto e cada un individualmente faciamos o debuxo nun folio.Despois o coloreábamos e introducíamos o texto co programa Tux Paint.

¿Queres ver o resultado? fai clic aquí.

saír