Bioloxía, Física e Química
Profesora: Dolores Cores Rivero
Curso:
Primeiro
Conceptos xerais de física: Radiacións. Temperatura. Humidade. Contaminación atmosférica. Medidas e unidades.
Conceptos xerais de química: Estructura da materia. Enlace químico. Disolucións. Estados de agregación.
Conceptos básicos de bioloxía. Biodeterioro das obras de arte.
Programa:
- Contaminación atmosférica. A atmosfera. Contaminantes atmosféricos e os seus efectos. Métodos para contrarrestar a acción dos axentes de contaminación atmosférica
- Temperatura e humidade. Escalas de temperatura. Sensibilidade dos materiais á temperatura. Medidas da humidade. Instrumentos de medida e control. Sensibilidade dos materiais á humidade. Control da humidade
- Radiacións. Espectro EM. Medición das radiacións. Fontes de iluminación. Sensibilidade dos materiais á radiación. Protección contra os efectos nocivos das radiacións
- Medidas e unidades. Fenómenos físicos e químicos. Magnitudes físicas e a súa medida. Sistemas de unidades e análise. Propiedades extensivas e intensivas
- Constitución da materia. Clasificación da materia. Cálculo da fórmula e composición centesimal dun composto
- Estructura da materia. Concepto de átomo. Isótopos. Ións. Masa atómica. Mol. Estructura do átomo: modelos primitivos e da mecánica cuántica. Números cuánticos. Configuracións electrónicas
- Sistema periódico. Descrición da táboa periódica. Propiedades periódicas
- Nomenclatura dos compostos inorgánicos. Valencia. Compostos binarios: do osíxeno, do hidróxeno e sales binarias. Compostos poliatómicos: hidróxidos, oxoácidos, sales neutras e sales ácidas
- Enlace químico. Introducción. Enlace iónico: descrición, valencia iónica, cristais iónicos, núm. de coordinación, enerxía reticular e propiedades dos compostos iónicos. Enlace covalente: descrición, regra do octeto, estructura de Lewis, enlace dativo, xeometría de las moléculas y propiedades de los compuestos covalentes. Transición enlace iónico e covalente. Enlace metálico: descrición, teoría dos electróns libres, tipos de redes, propiedades dos compostos metálicos. Forzas intermoleculares: de Van der Waals e de hidróxeno. Características especiais da auga
- Disolucións. Sistemas dispersos. Definición e clasificación das disolucións. Forma de expresar a concentración das disolucións
- Estados de agregación da materia. Comparación dos estados da materia. Estado gasoso: leis dos gases, lei de Dalton das presións parciais e lei de Graham de difusión e efusión dos gases. Estado líquido: viscosidade, tensión superficial, capilaridade, evaporación, presión de vapor e punto de ebulición. Estado sólido: punto de fusión, sublimación e presión de vapor dos sólidos
- Biodeterioro. Mecanismos e fenómenos no biodeterioro. Biodeterioro da materia orgánica e inorgánica. Métodos de prevención e control do biodeterioro