Debuxo.
Profesora: Ángela López García
Curso:
Primeiro
Materia anual, impartida dúas veces por semana cunha duración de cen minutos cada unha. Ó longo do desenvolvemento do programa, o alumno chegará ó coñecemento dos fundamentos do debuxo mediante unha aprendizaxe basicamente práctica, chegando a conseguir un mínimo de habilidade que poida utilizar con fins prácticos no seu campo profesional.
O alumno terá que coñecer o manexo de certos útiles propios do debuxante e iniciarse no seu uso. Ha de adquirir coñecementos na representación e visualización de debuxos. Así mesmo, irá conseguindo o dominio do encaixe, da proporción, da luz e do volume para chegar a un bo resultado final do debuxo.
Programa:
- DEBUXO TÉCNICO
- Soportes e útiles de debuxo
- Escalas
- Acoutación de debuxos
- Sistemas de representación
- Sistema diédrico
- Sistema axonométrico. Perspectiva isométrica
- Perspectiva cónica
- DEBUXO ARTÍSTICO
- A educación da man
- A liña como elemento expresivo e descritivo
- Grafismos e trazos na descrición das figuras
- Análise de texturas
- Proporción e encaixe
- Relación figura-fondo
- Representación do volume: luz e sombra
- Análise tonal: gradación de luces e sombras no claroscuro.