Técnicas Fotográficas


Profesora: Ángela López García
Curso: Primeiro

Materia anual, impartida unha vez por semana cunha duración de cen minutos. O alumno, mediante o desenvolvemento do programa desta materia poderá chegar ó coñecemento da fotografía e as súas técnicas. Para unha mellor comprensión terá un contacto práctico cos útiles propios do fotógrafo, podéndose iniciar no seu uso.

O obxectivo fundamental é que o alumno chegue a utilizar estes coñecementos con fins prácticos no campo profesional; é dicir, preténdese que adquira destreza e habilidade na técnica fotográfica para a súa aplicación no campo da conservación e restauración de obras de arte.

Programa:
  1. INTRODUCCIÓN A FOTOGRAFÍA
    • Qué é a fotografía.
    • A súa importancia na restauración de obras de arte.
  2. A LUZ
    • Características.
    • Propiedades e cualidades.
  3. A CÁMARA
    • Tipos de cámaras.
    • Anatomía.
    • Diafragma.
    • Obturador.
    • Relación obturador-diafragma.
    • Profundidade de campo.
    • Outros conceptos.
    • Obxectivos.
  4. A PELÍCULA FOTOGRÁFICA
    • Exposición.
    • Sensibilidade.
    • Tipos de películas.
  5. MEDICIÓN DA LUZ
    • Fotómetros.
  6. ILUMINACIÓN. CALIDAD DA LUZ
    • Luz natural.
    • Luz artificial.
    • Temperatura de color.
    • A súa importancia na restauración de obras de arte.
    • Fotografía con luz ultravioleta.
    • Fotografía infravermella.
  7. O LABORATORIO
    • A ampliadora.
    • Revelado de negativos en branco e negro.
    • Positivado.
    • Traballos prácticos de laboratorio.
  8. FOTOGRAFÍA DE OBRAS DE ARTE
  9. INTRODUCCIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL