Procedementos e Técnicas Artísticas
Profesora: Inmaculada Santiago Cendán
Curso:
Primeiro
Materia práctica que achegará ó alumno a todas aquelas técnicas consideradas básicas dentro do campo artístico (escultura e pintura sobre todo) coa finalidade de:
- Coñecer a dinámica das obras e as distintas fases de que consta o procedemento de creación artística, a través dun contacto directo con aquelas
- Coñecer os distintos materiais empregados para a creación das obras, forma de aplicación, compatibilidades e diferentes usos (segundo a técnica empregada), características daqueles e posibilidades plásticas.
- Como consecuencia do coñecemento dos materiais constitutivos das obras e súas compatibilidades, comprender mellor as causas que xeran a degradación das obras (aplicación pouco correcta dos materiais, técnica defectuosa, factores ambientais, etc.) e cómo facerlle fronte.
Programa:
- Teoría e técnica do volume:
- Modelado en barro (relevo)
- Molde e positivado en escaiola
- Teoría e técnica da cor:
- Exercicios prácticos de cor, gradacións tonais, matiz, saturación, etc.
- Preparacións:
- Soportes
- Receitas
- Imprimacións
- Pintura ó óleo
- Pintura ó temple