Técnicas de conservación. Metodoloxía e diagnose
Profesora: Ángela López García
Curso:
Primeiro
Materia anual que se imparte tres días por semana, dúas das clases cunha duración de cento cincuenta minutos e a terceira delas de cen minutos.
O obxectivo desta materia é dar a coñecer ó alumno os fundamentos básicos da restauración como introducción á futura especialización. Trátase dunha introducción teórico-práctica ás técnicas básicas de conservación, que proporcionen unha ampla visión de conxunto.
É obxectivo fundamental a comprensión da importancia que ten o carácter interdisciplinario da restauración para unha mellor proposta dos tratamentos de intervención.
Finalmente, o alumno irá aplicando os coñecementos adquiridos á interpretación das alteracións, causas, tratamentos e o posterior control para a súa conservación.
Farase especial fincapé na importancia dos informes de restauración, tanto preliminares como finais. Neles quedará reflectido o tratamento de restauración e a súa xustificación, todo iso acompañado da documentación fotográfica oportuna.
De forma paralela, o alumno realizará distintas prácticas de restauración sobre diversos materiais onde deberá aplicar os coñecementos adquiridos no bloque teórico da materia.
Programa:
- INTRODUCCIÓN
Conservación-restauración
- EXAMEN PRELIMINAR DUNHA OBRA DE ARTE.
- Informes.
- Exame de danos.
- Proposta de tratamento.
- Seguimento do proceso de restauración. Documentación fotográfica
- MEDIOS FÍSICOS, QUÍMICOS E VISUALES NO ESTUDIO DUNHA OBRA DE ARTE
- CAUSAS DE DEGRADACIÓN DUNHA OBRA DE ARTE
- A CERÁMICA: ALTERACIÓNS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN
- Características xerais.
- Exame da obra.
- Estudios auxiliares (análise, técnicas fotográficas, raios X...).
- Características do ecosistema solo-aire.
- Factores que interveñen no proceso de alteración dunha cerámica.
- Tratamentos de conservación-restauración: control de humidade, secado, limpeza, eliminación de sales, consolidación, adhesión de fragmentos, reintegración formal, recheo de lagoas, reintegración cromática...
- O METAL. ALTERACIÓNS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN
- Corrosión nos metais.
- Medios de exame.
- Tipos de solo e o seu efecto no obxecto.
- Tratamentos xerais de conservación: consolidación, limpeza, secado, inhibición, pegado, reintegración, protección final...
- PINTURA SOBRE TEA: ALTERACIÓNS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN
Tecidos naturais e sintéticos.
- Estructura das teas.
- Propiedades mecánicas das fibras.
- Características dos distintos tipos de fibras.
- Identificación de fibras vexetais.
- Alteración dos tecidos e as súas causas.
- Tratamentos de conservación-restauración: parches, enxertos, bordos, forración, eliminación de deformacións, sentado de color, consolidación, estucado, limpeza, reintegración cromática, protección final...
- A MADEIRA COMO SOPORTE DE OBRAS DE ARTE. ALTERACIÓNS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN
- Características e propiedades.
- Axentes de deterioro.
- Tratamentos do soporte.
- Métodos de control, desinfección, desinsección, consolidación, tratamento de gretas, faltas de soporte, eliminación de cravos, sentado de color, estucado, reintegración cromática, protección final...
- A PEDRA COMO SOPORTE DE OBRAS DE ARTE.ALTERACIÓNS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN
- Concepto de rocha.
- Características xerais.
- Diagnóstico.
- Alteracións e as súas causas.
- Tratamentos de conservación-restauración: desalación, limpeza, hidrofugación, consolidación, eliminación de morteiros, unión de fragmentos, recheo de xuntas, reintegración estructural...