Tecnoloxía e Patrimonio Artístico.


Profesora: Carmen Hermo Sánchez
Curso: Terceiro arqueoloxía Terceiro escultura Terceiro pintura

Os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais contan na súa programación co apoio de materias que faciliten ó alumnado a amable incorporación deste ás novas tecnoloxías.
Un primeiro nivel no que se fundamentan conceptos básicos para o coñecemento e dominio dos conceptos fundamentais da informática.
Desenvolvemento nos sistemas dixitais de documentación, clasificación e rexistro de bens culturais. Manexo da base de datos.
Práctica e estudo no terreo do tratamento de imaxes, obtención de simulacións dixitais. Esta materia ten maior carga teórica que práctica xa que se pretende que o alumno comece a familiarizarse coa utilización dos recursos tecnolóxicos dos que dispón a escola.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
  1. Coñecer as diferentes partes que compoñen o ordenador, e saber a súa función e aplicación.
  2. Adquirir axilidade no manexo xeral do Hardware, e coñecer as posibles variantes, en canto a periféricos se refire, que puidesen aparecer en determinados casos dependendo da súa función.
  3. Coñecemento, manexo e aplicación dalgunhas das diferentes partes do Software da computadora a utilizar.
  4. Manexo do sistema operativo.
  5. Coñecemento e emprego da base de datos na que se incorporen as pezas que se están a traballar en cada un dos talleres por especialidades.
  6. Correcta utilización dos diferentes sistemas de dixitalización incorporados nos equipos da escola, e a inclusión das imaxes dixitalizadas das pezas nos arquivos de cada taller.
  7. Comprensión do que é a resolución e a súa relación directa co número de cores.
  8. Utilización das diferentes ferramentas para ó tratamento das imaxes. Aplicación do Software específico para este fin.
  9. Manexo dos diferentes sistemas de impresión que ten o ordenador.
  10. Diferenciación entre imaxe dixitalizada e tratada, imaxe monitorizada e imaxe impresa.
  11. Adquisición de fundamentos técnicos para a correcta aplicación no terreo da restauración.


Programa:
  1. Conceptos fundamentaIs sobre informática
    1. Esquema básico dO elemento Hardware
      • o procesador.
      • a memoria central.
      • Soportes de información E unidades de entrada-saída.
    2. Esquema básico do elemento Software
      • Software básico: o sistema operativo.
      • Software de aplicación. Programas instalados na escola
        • Dixitalizador de imaxes de vídeo.
        • Base de datos.
        • Tratamento de textos.
        • Tratamento de imaxes.
  2. A informática na documentación e rexistro. Base de datos
    1. Creación dunha base de datos
    2. Manexo e actualización
    3. Intercomunicacións
  3. Tratamento de imaxes. Simulacións dixitais
    1. Entrada de datos
      • Dixitalización de imaxes. Diferentes fontes: foto ou vídeo.
      • Resolución da imaxen - Resolución do monitor.
      • Número de cores. "A paleta do pintor".
    2. Tratamento de datos
      • Operacióes fundamentais
      • Creación de simulacros de posibles intervencións
    3. Saída de datos
      • Medios de impresión. Branco e negro ou cor.
      • Similitude entre impresión a cor e reintegracións.
      • Posibilidades de impresión directa sobre a peza a restaurar.