Teoría e Historia Da Conservación e Restauración.Lexislación e Criterios.
Profesora: Inmaculada Santiago Cendán
Curso:
Primeiro
Cómpre observar a evolución histórica da restauración para poder entender a súa situación actual.
Por qué ó longo da historia determinados obxectos se protexeron da destrucción, modificados ou renovados e qué valor o valores encerraban facéndoos diferentes ó resto das obras.
É fundamental que o restaurador coñeza e saiba interpretar os criterios de restauración para poder actuar sobre os bens culturais e responder correctamente a futuros problemas que poidan xurdir en relación a estes. Por outro lado, o estudio da restauración a través da historia permitirá coñecer distintos criterios, o porqué destes e a importancia da existencia dunha lexislación sobre o patrimonio e os obxectos con valores culturais, facendo especial fincapé na situación española.
Programa:
1ª Parte
- Motivos para a intervención sobre determinados obxectos
- Civilizacións clásicas, o seu interese cara ás grandes obras. A Idade Media: valor simbólico e funcional. Reutilización.
- O Renacemento, reforma e contrarreforma: valor artístico, o respecto ó artista e á súa obra. Intervencións modernizadoras. A adaptación á mensaxe.
- S. XVII: restauración de galería: a idea de Pátina, o tempo pintor. C. Maratta e a restauración de pintura
- S. XVIII: restauración mecánica e artística. Novas técnicas de intervención. Estudio científico dos materiais. Pietro Edwards e os primeiros talleres “oficiais” de restauración
- S. XIX: o Estado protector do Patrimonio. Aparición do restaurador profesional. Restauración monumental, distintas teorías (romántica, de estilo, científica). O restaurador pasional. A restauración en España: restaurador de obras notables da nación. Poleró e Toledo e a arte da restauración
2ª Parte
S. XX- Actualidade: criterios de intervención:
- Normas, cartas e documentos xerais: aplicación ás obras mobles
- Conceptos básicos: restauración, conservación, ben cultural, interpretación da obra. A teoría da restauración de C. Brandi
- Teoría da restauración: importancia dos obxectos como bens culturais, valoración dos obxectos, o respecto á obra e os seus significados
- Criterios actuais: actitude do restaurador fronte á obra. Reversibilidade e intervención mínima. De-restauración
- Problemas de presentación: pátina e limpeza. Tipos de lagoas e tratamentos de reintegración (abstracción e selección cromática)