Antropoloxía Cultural, Bens Etnolóxicos


Profesor: Manuel Fernández Muíño
Curso: Segundo Pintura

Estudio da cultura material popular. Os bens etnolóxicos e as súas diversas funcións sociais; utilitaria, económica, simbólica, estética, relixiosa, lúdica, militar, etc. A cultura tradicional galega e a súa peculiar incidencia na producción de bens etnolóxicos.

Programa:
  1. A arquitectura popular.
    • Características xerais.
    • Factores condicionantes: clima, economía, materiais, etc.
  2. A lareira e o forno. O mobiliario e os obxectos de uso doméstico.
  3. As dependencias da casa tradicional.
    • A vivenda.
    • As zonas de almacenamento.
    • As cortes.
    • Outras dependencias: adega, palleiro, poleiro, etc. O hórreo.
  4. Os muíños:
    • Muíños de regato e aceas.
    • Muíños de mar.
    • Muíños de vento.
    • Muíños de aceite.
    • O Folón.
  5. Os instrumentos agrícolas. O carro. O arado.
  6. Cruceiros e petos de ánimas.
  7. A olería tradicional. Proceso de elaboración da cerámica. Áreas oleiras.
  8. A olería tradicional: Portomourisco e O Seixo. Gundivós, Lobios, Santomé, Ramirás, Tioira, Loñoá das Olas.
  9. A olería tradicional: Niñodáguia, A Terra Chá, Mondoñedo, Buño.
  10. O liño, a la:
    • Importancia do liño na economía tradicional galega.
    • O traballo do liño e da la. O fiado.
  11. Teares e tecidos. O traxe.
  12. Instrumentos de música popular.
  13. Festas tradicionais: Carnaval, os Maios, San Xoán.