Prácticas de Conservación e Restauración de Escultura I


Profesora: Rosa Mª Fernández Caamaño
Curso: Segundo Escultura

A materia ten como finalidade a formación dos alumnos para que ante un problema determinado sexan capaces de recoñecer o problema, saber cáles son as causas deste, elixir a mellor opción para o seu tratamento e realizalo para conservar a obra do mellor modo posible para o seu estudio, uso e transmisión ó futuro coa mínima intervención posible e cos máximos medios de prevención dos deterioros.
A materia divídese nunha parte teórica, que consta do estudo pormenorizado da obra, dos materiais que a forman: qué é a madeira, qué é a policromía, cómo se comportan uns cos outros e co medio no que están, cómo inflúen uns nos outros, e cómo se ven agredidos por diferentes factores tanto naturais como non naturais, os tipos de análises ós que podemos recorrer, os materiais que podemos usar para o seu tratamento e o mellor xeito de aplicalos, así como o estudio das condicións necesarias para a súa futura conservación. A asimilación destes coñecementos terá un reflexo directo no tratamento práctico, na súa posta en práctica coa consecuente adquisición das habilidades e destrezas necesarias para usar con precisión os procedementos e técnicas para levar a cabo os traballos de conservación e restauración das obras.

Programa: