Prácticas de Conservación e Restauración de Pintura I.


Profesora:
Curso: Segundo Pintura

o taller está organizado nuns apartados teóricos que constitúen a indispensable base para a práctica da restauración, como son a composición material e estructural das obras pictóricas, as alteracións que sofren e os tratamentos de restauración oportunos para lles devolver a estabilidade.

Programa:
  1. Técnicas
    • Materiais pictóricos: características e comportamento. Pigmentos, aglutinantes e capas de protección.
    • Estructura dunha obra sobre lenzo: distintos tipos de tecido, preparación, película pictórica e verniz.
    • Distintas técnicas pictóricas: temples, óleos e técnicas mixtas.
  2. Alteracións físicas, químicas e biolóxicas nos distintos materiais.
  3. Tratamentos de restauración
    • Reforzo do soporte: bordos, parches e reenteados. Evolución destas técnicas e instrumental específico actual: mesas multifuncionais.
    • Deformacións do soporte: tensados, humectacións.
    • Problemas nos estratos pictóricos: consolidacións, fixados e eliminación de deformacións.
    • Limpeza de sucidade no anverso e reverso.
    • Alixeiramento do verniz: materiais e métodos. Sistemas de control.
    • Montaxe da tea no bastidor. Bastidores e marcos.
    • Reintegración.
    • Vernizado: técnicas e materiais.
    • Transferencias.
    • Análise da obra.
    • Condicións de conservación
    • Materiais para a restauración: adhesivos, consolidantes, soportes. Materiais sintéticos.
Todos os anteriores coñecementos permitirán identificar os problemas da obra a través das alteracións que esta amosa e así deducir as súas necesidades. Deste modo, a intervención freará os procesos de deterioro graves e restituirá a estabilidade ó cadro. Cada actuación haberá de ser específica para a combinación de danos presentados por cada obra: a elección do tratamento e a súa execución constitúe a posta en práctica desta materia.