Prácticas de Conservación e Restauración de Arqueoloxía I.


Profesor: Fernando Carrera Ramírez
Curso: Segundo Arqueoloxía

No taller de prácticas inténtase favorecer a adquisición dos coñecementos e da capacidade crítica necesaria para que o alumno poida desenvolverse na práctica profesional da conservación/restauración de materiais arqueolóxicos, capacitándoo para a selección dos métodos e procedementos de tratamento máis axeitados a cada caso.

A materia ten un dobre compoñente teórico e práctico, aínda que a execución de tratamentos sobre obxectos arqueolóxicos reais é o argumento principal da materia ó longo do curso. Os materiais sobre os que se adoita realizar as prácticas son: A metodoloxía habitual de traballo nos laboratorios contempla a execución das seguintes fases: apertura de informe, documentación gráfica, diagnose, proposta de tratamento, realización do tratamento, conservación preventiva e embalaxe. De cada peza tratada redáctase un detallado informe de conservación que é enviado xunto co obxecto ó museo ou institución pública depositaria deste.

Para a consecución de todo o devandito, o programa teórico deberá atender á clarificación dos seguintes coñecementos: Ademais, e como complemento indispensable á formación na propia Escola, anualmente promoverase a realización de actividades fóra dela, entre as que se suxire:

Programa:
  1. PRINCIPIOS DA RESTAURACIÓN ARQUEOLÓXICA
    • Contidos e características da profesión
    • Algunhas cuestións de ética profesional
    • Xestión do patrimonio arqueolóxico e a profesión
  2. AXENTES DE ALTERACIÓN E AMBIENTES ARQUEOLÓXICOS
    • Deterioro-alteración-diagnose
    • Forma, axente e proceso de alteración
    • Axentes de alteración dos materiais: internos/externos
    • Ambientes de conservación: tipos
    • Formas de alteración:
      • Formas habituales e xeneralizables
      • Formas puntuais
    • Fichas de diagnóstico. Proceso de diagnóstico
  3. METODOLOXÍA E TÉCNICAS XEARAIS DE TRABALLO
    • Fases: intervencións in situ, en laboratorio y preventivas
    • Ficha de tratamento en laboratorio
    • Metodoloxía de traballo en laboratorio (conservación activa):
      • Diagnose
      • Limpeza/estabilización
      • Consolidación/adhesión
      • Reintegración
  4. FACTORES INTERNOS DE ALTERACIÓN: COMPOSICIÓN, ELABORACIÓN E ESTRUCTURA DO MATERIAL ARQUEOLÓXICO
    • Cerámica
    • Vidrio
    • Pedra
    • Morteiros
    • Pintura mural
    • Mosaico
    • Xacementos
  5. CONSERVACIÓN DO MATERIAL ARQUEOLÓXICO: LIMPIEZA.
    • Caracterización da sucidade e técnicas de limpeza
    • Limpeza mecánica
    • Limpeza química
  6. CONSERVACIÓN DO MATERIAL ARQUEOLÓXICO: CONSOLIDACIÓN-ADHESIÓN
    • Definición de procesos: adhesión/fijación/consolidación
    • Requerimentos para a adhesión/consolidación.
    • Listado dos productos máis habituais
  7. CONSERVACIÓN DE MATERIAL ARQUEOLÓXICO: REINTEGRACIÓN
    • Reintegración estructural/estética
    • Procesos de reintegración: fases
    • Materiais de reintegración
  8. CONSERVACIÓN DE INMOBLES ARQUEOLÓXICOS
    • Protección preventiva e xestión do patrimonio
    • Conservación de estructuras arqueolóxicas
    • Exhibición de estructuras arqueolóxicas
  9. CONSERVACIÓN PREVENTIVA DE MATERIAL ARQUEOLÓXICO
    • Axentes de alteración a largo plazo
    • Resposta dos materiais ós axentes
    • Métodos de control