Procedementos Escultóricos.
Profesor: José Antonio Quinteiro Alonso
Curso:
Segundo Escultura
OBXETIVOS XERAIS
Adquirir coñecementos teóricos e prácticos dos principais procedementos utilizados na escultura e das distintas técnicas para a súa realización, así como coñecementos prácticos suficientes para a correcta aplicación das técnicas anteriormente descritas. O obxectivo principal é a formación de futuros profesionais que saiban desenvolverse con soltura fronte ás múltiples cuestións e problemática que presenta o amplo campo da actividade profesional dentro do mundo laboral.
OBXETIVOS ESPECÍFICOS
- Coñecemento das técnicas básicas escultóricas.
- Nocións de composición escultórica.
- Coñecemento dos distintos materiais empregados ó longo da historia para a realización de esculturas
- Coñecemento e manexo dos útiles e ferramentas manexados en escultura
- Desenvolver as aptitudes manuais dos alumnos e a súa capacidade de investigación
Programa:
- Nocións elementais de composición escultórica.
- Coñecemento dos materiais empregados en escultura. Tipos, características, aplicacións e condicionantes
- Soportes escultóricos. Preparación de armazóns, materiais empregados e a súa aplicación
- Procedementos previos. Bosquexos, maquetas, plantillas.
- Técnicas de relevo. Altorrelevo, baixorrelevo e falsorrelevo
- Técnicas de vulto redondo.
- Exercicios de ampliación e reducción.
- Técnicas de reproducción. Sacado de puntos (pantógrafo).
- Talla sobre madeira. Desbastado, tallado e acabado.
- Talla sobre pedra.
- Os materiais actuais. A súa utilización en escultura, características
- Acabados, pulimentos e repasado.
- Técnicas complementarias: pátinas, texturas, policromía.
- Tratamento de superficie: ceras, vernices e tintes
- O dourado: diferentes aplicacións, dourado á auga e ó mixtión